Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

miércoles, octubre 11, 2006

Movementos sísmicos


(Desta volta non reais, senón políticos). Víase vir. Nas últimas datas o BNG de Carballo traspasou varias veces a liña vermella que separa as competencias co CDI, e ocasionou un novo conflicto de intereses entre os dous principias grupos de goberno.

Como xa destacaramos anteriormente, na fin de semana o concelleiro Lois Lamas atribuíase o mérito das inversións de Medio Rural para reparar unha serie de pistas nas parroquias. E onte o BNG respostaba ás críticas do PP enumerando unha serie de obras entre as que se atopaba a Vila de Negreira, competencia de Manuel Andrade.

Coma dúas placas tectónicas que colisionan, hoxe déixanse sentir os temblores do choque, e Andrade volve á carga contra os nacionalistas cos mesmos argumentos: invasión de competencias e falta de respecto ó pacto de goberno. Segundo di o concelleiro de obras e urbanismo, el non se adica a falar de Cultura, Deporte ou Mantemento (esto é certo, dende logo).

Así que tampouco nada novo que non viramos repetidamente nesta lexislatura. Se cadra a variante é que cada vez se achegan máis as eleccións, e cada vez a tensión e a ansia por rentabilizar a posición de poder van a máis. ¿Veremos un terremoto destructivo antes da consulta electoral ou manterase o equilibrio entre intereses comúns e intereses contrapostos?




2 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Carballo esta a vivir a batalla mais agardada.
Dous superconcelleiros frente a frente. Por unha banda, lois lamas, FERTIMAN o héroe defensor dos servizos, o mantenedor de todalos espellos,eiras e focos, o que non permitirá unha soia pista bacheada nin un desbroze sin prometer.Por outra banda ¿ é u avión? ¿ é un cohete? ¡¡¡NON¡¡ é SUPERMAN-OLO¡¡¡¡ el abridor de vias, revisor de planes,por el cielo la tierra y bajo tierra ttambien, el amigo de los centros comerciales...
Fertiman con seu axudante Benedictin defenderán -un boo lugar para viver si eres nacionalista de bregoan.Pero SuperMAN, o servicio de Mercadör, el señor del mal que todo lo compra, lucha para que EVHENCIAN sea el centro del urbanismo comercial mundial, sobreviviendo bajo tierra.
continuara.....

17/10/06 14:51

 
Anonymous Anónimo said...

ANDRADE TEN RAZON¡¡¡ CANDO FALOU EL DE CULTURA EH? CANDO?
CANDO FALOU EL DE DEPORTE EH? e non será porque non sepa, que estivo 10 anos sendo presidente de unha federacion e un ciclista insigne.
é un pionero de organismos e deportes onde brilla a limpeza e o xogo limpo.
Quen é o ideador do Planeta do deporte da Grela.

E a praia fluvial coa pista de piraguismo no anllons.eh?

E o campo de regatas do porto deportivo de Razo?

Si se apartaran esos papons, comeherbas do BNG e o PSOE, eu teñoo claro

CARBALL2O12 ¡AMIGOS PARA SIEMPRE¡

E de cultura qué? Non me fajas falar..

17/10/06 15:01

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner