O grande atasco
Carballo viviu antonte un deses sucesos extraños que de cando en cando se recollen nas seccións de noticias raras dos xornáis. Claro que para os sufridos conductores que a esa hora da tarde circulaban pola vila non tivo nada de gracioso.
O caso é que unha inexplicable neglixencia entre policía, garda civil e responsables do aparello fixo que un inmenso camión duns 50 m que transportaba unha pezas para un parque eólico se metese en plena travesía carballesa. E como cabía esperar,... ó chegar ó cruce de Camiño Novo e Praza de Galicia, quedou atrancado. Foron necesarias varias horas para desmontar un semáforo, un cartel e unha sinal e que puidese continuar. Ninguén se explica por qué este vehículo non empregou a circunvalación no canto da rúa principal, sobre todo tendo en conta que hai un sinal na entrada de Carballo que obriga ós camións a desviarse.
Ó parecer, unha vez pasada a capital de Bergantiños os responsables da mercancía procederon a repartila en trozos máis pequenos para poder atravesar outros núcleos como Agualada. Pero ós carballeses e visitantes de paso ninguén lles pode quitar o cabreo, e por pouco se chegan a vivir situacións como as de Michael Douglas en Un Día de Furia. Un pouco de previsión no futuro, please…
1 Comments:
o camión non pode usar a circunvalación porque estas jrandes cabezas que deseñan as carreteras e autopistas, non deixaron espacio nas saidas, tanto na de malpica coma na de fisterra, pra vehículos grandes. so teñen catro metros de ancho, e un camión normal vai a dous metros e medio, pro un especial coma ese non colle. solución, ou mandalos en elicopteros ou atravesar carballo.
e o mesmo pasa cas rotondas de carballo, tanto a da lancha coma a da sardiña.
18/10/06 20:06
Publicar un comentario
<< Home