Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

miércoles, octubre 18, 2006

Ollo por ollo


Hai dous días preguntabámonos cal sería a resposta de Manuel Andrade a Evencio Ferrero, por atribuir este ó BNG as obras de saneamento que o tenente de alcalde atribúe ó CDI. E no día de onte comprobámolo.

A decisión do líder dos independentes foi nin máis nin menos que pagar exactamente coa mesma moeda. Porque onte na prensa local Andrade saía á palestra para anunciar que as obras do paseo fluvial marchan a bo ritmo e que hai outras fases en trámite. O que non entraba no guión, ademais de que a noticia non aporta nada noticiable que non fose publicado antes, é que o futuro candidato por Terra Galega atribuíse estas obras ó CDI, cando ata o de agora tiñamos entendido que estas sí eran obras correspondentes á Concellería de Medio Ambiente, que dirixe o BNG.

De modo que semella que os dous principais partidos do goberno xa teñen asumido que estamos en ano electoral, e que xa non caben treguas. Ollo por ollo, e moito ollo a cómo continúan os acontecementos.



 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner