Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

sábado, febrero 03, 2007

Terra Galega, Vinos y Tapas, tamén sirve racións


Concretamente, 500 racións. Exactamente eses son os motivos polos que debemos votar a M. Andrade para alcalde, segundo a campaña que vai desenvolver o CDI-Terra Galega carballés. Nin máis nin menos.

Nun artigo no Diario de Bergantiños, Moe Andrade afirma que o seu partido levou a cabo “case tódalas obras prometidas”. Esto é ben certo. Foron tódalas obras prometidas excepto o parking subterráneo, os portos deportivos, a cidade deportiva, o campo de golf, a mellora do mercado, etc. Entre os méritos da súa xestión, Andrade conta obras coma as peatonalizacións ou as pistas deportivas do Chorís, e di que non hai carballés ó que non se lle atenderan as súas demandas.

Por suposto, se Andrade non chegou ó 100% do cumprimento do seu programa non foi porque non tivese capacidade para facelo ou porque os seus proxectos fosen irrealizables, senón porque os seus socios de goberno, o PP dende a oposición e a Xunta de Galicia non pensan mais que en fastiadalo como poidan.

Con estes argumentos Manuel Andrade presenta as súas credencias para acadar o soño da súa vida: ser alcalde de Carballo, ós 67 anos de idade, e moitos anos de experiencia municipal despois.



 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner