Esta circunvalación non convence
Era unha circunvalación marabillosa. Nos planos aparecía ben fermosa, e o vendedor fixo un traballo excepcional cando explicaba o afortunados que eramos por poder ter acceso a semellante ganga. ¡A estrada dos nosos soños! Qué ledicia ó vela nos xornáis.
Mais nesto que chega a ocasión de estudiala máis polo miudo, e o noso gozo nun pozo. O trazado non é o que se aprobara no Pleno municipal, o ancho é moi escaso, non responde ás expectativas creadas, e nin tan sequera hai data nin orzamento para saber cando poderán escomezar as obras. Coma Tom Hanks e Shelley Long se deberon de sentir os políticos dos 4 grupos municipais na reunión de onte para analizar o proxecto de circunvalación de Carballo. Agora toca reclamar á Xunta que faga as correccións necesarias conforme ó criterio do Concello, e antes diso terán que poñerse dacordo os distintos partidos en cal será ese criterio, e se por exemplo incluirá un acceso á estrada de Razo, ou unha aproximación maior ó núcleo, como solicita Manuel Andrade.
Así pois haberá que armarse de paciencia coma o bo de Tom, e ir ben de vagar a ver se somos quen de acadar finalmente a circunvalación que sempre quixemos.
3 Comments:
Sei que este comentario non ten nada que ver coa noticia, pero é que se o escribira na noticia correspondente nunca o leería ninguén porque é antiga:
Falabades do periódico da Costa da Morte o Acontecer. Debo dicirvos que está financiado por unha inmobiliaria, e como toda inmobiliaria non é do BNG, nin do Psoe, nin do PP, senon que é dos Alcaldes e do poder, aqueles que firman as licenzas de obras. Así que xa sabedes... Digoo porque había xente que pensaba que o financiaba o goberno de Carballo.
9/10/07 17:48
Nombres, queremos nombres. Non é ningún delito dalos. E se non, cala.
9/10/07 22:16
Investigade algo, que senon non é nada animado isto.
10/10/07 17:20
Publicar un comentario
<< Home