Carriliño-bici
Boas novas a medias sobre o carril-bici máis famoso e inexistente da comarca, o carril-bici que durante anos o BNG de Carballo reclamou para a estrada de Razo. Segundo informa a prensa local, a xunta de goberno ven de aprobar o expediente de contratación do primeiro tramo das obras, cun orzamento de 319.092 €.
Mais que ninguén lance as campás ó ceo, porque no último pleno celebrado en Carballo e televisado, coma sempre, por BERTV, o propio alcalde viuse forzado a recoñecer que o Concello non dispón dos terreos precisos para facer a obra. E porque, aínda que non sabemos cal será a lonxitude desa primeira fase, moito nos tememos que 300.000 euros non van dar para moito. Lembramos que hai tempo se publicara que se precisarían cantidades de millóns de euros para poder completar o percorrido ata Razo. De modo que máis ca un carril-bici, polo de agora sería un carriliño.
Veremos o que pasa, pero ó ritmo que vamos e logo de tantos anos, calquera día as tradicionais pancartas van ser substituidas por un sistema reivindicativo máis chamativo coma o deste vídeo:
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home