Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

jueves, septiembre 20, 2007

Arturas

Arturas Kaubrys é o nome da fichaxe estrela do Rhino’s Xiria (www.xiria.es) de basket para afrontar esta nova edición de liga EBA que o domingo escomeza en Valladolid. Arturas (2.07 m) é un pívot lituano de 24 anos, con experiencia na competitiva liga do seu país, versátil e predestinado a traballar duro debaixo dos tableiros.

Trátase do feliz desenlace dos intenso traballo da directiva do Rhino’s, que antes tentara as fichaxes do australiano Damián Matacz, o nixeriano Adekunle Aleburu “Kuli”, o americano Stanley Ocitti, o arxentino Max Contini ou o checo Martín Marek (todos estes con pasaporte da UE). Agardemos que o novo “rei Arturas” saque a súa Excálibur e leve ós cabaleiros da Tabla Carballesa cara ó Santo Grial do consolidación na EBA.



Hai moi boas webs de basket en Lituania onde falan del, lástima que non teñan versións traducidas:
http://www.nklyga.lt/default17.aspx?Element=Participants&AthleteID=8084&TopicID=91
http://www.feb.es/DesktopDefault.aspx?tabid=11&ItemID=15411
http://www.lskl.lt/Pub/default.aspx?Page=playerDetail&ID=144
http://www.basketnews.lt/player-1906-arturas-kaubrys.html
http://www.krepsinis.net/players.php?user_id=4252


 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner