Un espía entre nós
Interesante e curiosa iniciativa do Centro Comercial Aberto de Carballo (http://www.ccacarballo.com/). Unha boa idea que supoñemos pretende paliar un dos tradicionais defectos dalgúns dos negocios carballeses, polo menos en opinión de moitos consumidores: a atención ó cliente.
Trátase dun sistema de control de calidade do comercio chamado “mistery shopping” ou “cliente misterioso”, no que un enquisador vai percorrendo de incógnito cada establecemento, e probando por si mesmo o modo en que é atendido. Os resultados da súa experiencia transmítense de modo confidencial a cada comerciante, e todos teñen acceso a unha clasificación final de entre tódolos comercios “espiados”.
Claro que esta idea, beneficiosa para os usuarios e tamén para os propios comerciantes, pode xenerar nalgúns casos outro tipo de obsesións máis ben paranoicas, coma a típica situación cinematográfica de “hai un espía entre nós”. Agardemos que todo o mundo entenda a medida e que sirva para mellorar a calidade das nosas tendas.

0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home