Pop Xiria Pop 2007

Coma en edicións anteriores a programación está conformada por unha compensada combinación de grupos galegos, nacionais e internacionais. A sesión do venres ten coma prato forte ó grupo irlandés Bap Kenney (actuación única en España), precedido de Portrait (de Vigo) e La Granja (de Mallorca), logo de que finalmente The Runarounds se caeran por problemas personais. Xa o sábado terán protagonismo os grupos madrileños The Right Ons e Tim Soldiers, seguidos de Los Chicos e Mike Miraconda, para rematar o festival coa actuación, tamén única en España, de The Pirates. Se queredes profundizar, tedes máis información na web de Xiria de balonmán (http://www.xiria.net/).
O escenario deste ano voltará a ser a cervexería Dublín, na que se poderán adquirir entradas a prezo de 10 euros para 1 día, ou un bono de 15 € para os dous, con regalo dixital incluído. Noraboa ós organizadores e que sexa un éxito.
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home