Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

miércoles, noviembre 14, 2007

¿Terá razón?


Como comentario ao post titulado "Ponga una rotonda en su vida", un lector que usa o seudónimo Quen fixo a Lei.... fixo a trampa publica unha interesante reflexión - predicción - denuncia que merece publicarse na primeira plana de Carballo Dixital. Xulgade vos mesmos os feitos, as reflexións de Quen fixo a Lei... e opinade. ¿Terá razón? Se é así, é para preocuparse moi seriamente sobre o tipo de gobernantes que nos mandan. O tempo o dirá:

O da rotonda está moi ben, pero seguro que terá unha obra de arte “á altura do que Carballo se merece”, e do gusto do Señor Alcalde.

Pero quería saber por que non tratades desde CD un asunto que leva xa varios días na Voz de Galicia: a enquisa sobre a opinión dos cidadáns sobre as instalacións deportivas municipais.


En primeiro lugar, chámame moito a atención de que esta enquisa nazca, oportunamente, tras a publicación no diario da noticia de que o ximnasio do Pavillón de Carballo (foto incluida do interior) sigue pechado logo de casi un ano desde que se lle instalaran todas as máquinas.

Logo de oír as “excusas” do Sr. Alcalde, de que se atopa pendente dun “plan director”, que soa, exactamente igual, ao de que o Pazo da Cultura non se cedía ás Asociacións Culturais porque estaba pendente dun “Regulamento de uso da instalación” (aínda non feito a día de hoxe), xurde a pregunta: ¿este goberno gasta cartos públicos en máquinas para un ximnasio que non sabe se quererá utilizar? Dito doutro modo: ¿as inversións fanse sen un plan director, primeiro gástase e o plan faise despois? ¿onde vai aquel Alcalde que decía que as inversións había que priorizalas nun plan director (travesía principal, circunvalación, travesía de Malpica, entre moitos casos...)?


É extraño que a VdG ataque a xestión do Sr. Ferrero, pois non se caracteriza polo súa enemistade ao actual Alcalde.


Eu dou a miña lectura, ao mellor equivocada...

1º.- Supoñamos que o goberno ten un problema: o “burato” do Patronato Deportivo, que ano tras ano gasta máis cartos, e a súa prometida mellora da xestión do mesmo é un fracaso absoluto.

2º.- Supoñamos que o goberno ten un amigo ao que lle podería dar un bó negocio dándolle a concesión da xestión das instalacións deportivas municipais.

3º.- Como é evidente, o goberno non pode, públicamente, volverse atrás da sua “aposta pola mellor xestión do Patronato”, que foi unha das apostas de Evencio desde que chegou á Alcaldía (recordese a presentación a bombo e platillo do carné único de uso das piscinas, a campaña de captación de asociados/abonados, etc...).


4º.- ¿Como solucionamos este asunto? Fácil: creamos un estado de opinión que nos proporcione unha excusa para cambiar a nosa política “seguindo, democraticamente, os desexos do cidadán”.


Chegados a este punto, ¿que mellor que enfrentar aos clubes e asociacións, que fan un labor social altruista (non conozo a nadie que se lucre desto), e aos ximnasios particulares co Patronato? Atacando a liña de flotación do Patronato, xustificamos que a mellor opción é que as instalacións públicas as xestione a iniciativa privada, é que todos (clubes incluidos), paguen polo seu uso.


Así, hipoteticamente, podería ser que unha empresa privada ande por ahí realizando un estudio de viabilidade, entrando como Pedro pola súa casa nas instalacións públicas, e incluso facilitando á prensa unha foto dun ximnasio pechado (¿como se pode entrar nunha instalación pública pechada para sacar unha foto que perxudica ao goberno se non é co seu permiso?).

Logo, podería ser que ese estudio sirva de base para que se faga o concurso e se saque a concesión a xestión dos pavillóns e as piscinas....


E, finalmente, e por pura casualidade, a empresa adxudicataria será a mesma que fixo ese estudio secreto e moveu os fíos desta “confabulación” para conseguir a concesión.


O goberno xa tería solucionados estes problemas:


1.- Desfíxose do lastre do Patronato.

2.- Desfíxose do lastre do persoal do Patronato, que, de seguro, se obrigaría á empresa concesionaria a absorber (pasando de depender do Concello a unha empresa privada).

3.- Xa ten lexitimidade (obligarán os términos da concesión) para cobrar o uso das instalacións aos clubes, como excusa ante os clubes e os socios dos mesmos.

4.- Poderá “vender” unhas subvencións aos clubes “afíns” ou “non belixerantes” para que con elas paguen o uso das instalacións, e deixar aos “incómodos” sen elas.

5.- Líbrase do marrón de ser o Concello quen decida quen pode usar as instalacións: se os clubes ocupan máis ou menos calles ou horas será culpa da empresa concesionaria.

6.- Pode influir claramente na empresa sobre cómo quere que se xestione as instalacións.

7.- Pode xustificar o “cambio radical” do que dixo no pasado amparándose na “integridade e talante demócrata” do Sr. Alcalde, pois o cambio é algo que a cidadanía reclama, xustificándose no estado de opinión que se creou artificiosamente.


O que non se solucionaría, e o tempo dirá, é que as instalacións seguirían ocupadas, que o ximnasio abrirá en competencia cos privados.... En fin, todos un pouco contentos, pero todos descontentos, salvo o goberno e a nova empresa concesionaria.

En definitiva, temo que todo esto sexa un medio para conseguir disfrazar o rotundo fracaso que o goberno colleitou na súa proposta de deportes a través dun Patronato que él pretendía “eficiente” para os bolsillos de todos os carballeses, e, de paso, contentar a un amigo, unha nova empresa na que sexa fácil colocar xente “afín”, pois para ser, por exemplo, conserxe dun pavillón, xa non será preciso pasar examen de oposición, e a concesionaria deberase á obediencia de quen lle pode retirar ou prorrogar a concesión á hora de aceptar “suxerencias” na contratación do seu persoal. Clientelismo, vaia.


Pero todo esto é unha pura invención, calquera parecido coa realidade é pura coincidencia, ¿ou non?



 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner