Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

sábado, noviembre 03, 2007

Por fin


Logo de meses, anos e décadas lamentándonos da falta de iniciativa das forzas de seguridade na nosa vila, temos que dicir: por fin. A vergoña que para tódolos carballeses supón o "supermecado da droga", tal e como se lle denomina á Colina de San Lois, ven de ser literalmente peinado pola Garda Civil.

Nada menos que setenta axentes chegados de León e outros puntos de Galicia foron precisos para penetrar dunha vez no poblado moinante e deter a varias das persoas que alí se adican ó narcotráfico, entre elas A Tula, a matriarca da banda que conta cun historial delictivo máis longo ca o do Lute. Semellante desplegue fíxonos lembrar á famosa persecución dos "Blues Brothers", salvando as distancias e cos máximos respetos a Elwood (Dan Aykroyd) e máis a Jake (John Belushi).

As forzas de seguridade incautáronse ademais de 5 escopetas, 4 pistolas, distintas cantidades de hachís, heroína e cocaína, armas brancas e ata embutido que se sospeita roubado (esta información tampouco era precisa, vamos).

Así pois, os rogos de tantos cidadáns e das asociacións antidroga coma Vieiro por fin se viron recompensados. Agora só queda agardar que todo o peso da xustiza caia sobre os traficantes, e que operacións coma esta non se queden en casos aillados e esporádicos, senón que se repitan nos outros centros de narcotráfico, por desgraza sobradamente coñecidos por todos.




 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner