Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

miércoles, octubre 31, 2007

Maquiavélicos


Dende hai cousa dun ano, BERTV danos a oportunidade a tódolos de vivir "in situ" os plenos que se celebran no Concello de Carballo. Unha forma transparente de coñecer o verdadeiro nivel dos nosos políticos e asistir ó debate sen puntos de vista nin versións interesadas.

O guión que se repite cada mes dende as últimas eleccións de maio obedece a un cara a cara directo entre Alberto Sueiro e Evencio Ferrero, con Manuel Andrade case que coma convidado de pedra, e José Antonio Viña facendo labores de auxilio do alcalde, case sempre tocándolle bailar coa máis fea para defender a acción municipal.

Mais centrándonos no combate dialéctico alcalde-oposición, poderíamos dicir que o aspirante Sueiro ataca con incisión ó campión Ferrero, poñendo en solfa os seus incumprimentos e equivocacións en temas coma a Casa dos Oficios, o hospital comarcal, o carril-bici ou o parking, e que éste esquiva os golpes empregando o seu engaiolador xogo de pernas verbal. En efecto, o discurso do alcalde repite obstinadamente o seu empeño persoal en reivindicar e sacar adiante todos eses proxectos, mais excúsase na súa falta de competencia na materia, e enumera as "múltiples xestións" que está a realizar. Aspectos que, como cabe supoñer, non convencen ó aspirante, quen lle recorda que o alcalde ademais de reivindicar ten que cumplir.

Coma detalle curioso do último pleno, cabe mencionar a referencia en máis dunha ocasión fixo Evencio Ferrero ó "Príncipe" de Maquiavelo para referirse á politica dos populares. Como curiosidade buscamos información na wikipedia, e velaquí o que di a enciclopedia universal de internet. Elixide vós mellor a quén aplicarlle a copla:

El libro trata de ilustrar la forma de adquirir, mantener y fortalecer un principado, esto es, el gobierno de una ciudad o una región, y distingue entre diferentes estrategias según una serie de criterios, entre ellos:
• la forma en que se haya conseguido su dominio (conquista militar, elección popular, intrigas cortesanas...),
• la forma anterior de gobierno (otro príncipe con o sin corte, una república...)
• la relación entre el principado y el príncipe (misma o diferente cultura y lengua, o si el príncipe tiene solamente un principado o varios)
• el ejército del que dispone (propio o de mercenarios)
Los argumentos no se basan en ningún supuesto moral más allá de una forma cruda de utilitarismo: el único fin es mantener el principado.


P.D.: A ver se melloran o sonido no salón de plenos, porque ós únicos que se lles oe ben son o alcalde e Viña.




 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner