O botellón
O debate está na rúa, nos medios de comunicación e dende hai un tempo nas salóns de plenos dos concellos e en todo tipo de foros. Os recentes incidentes e plataformas veciñais montadas nalgúns barrios da Coruña así coma noutras cidades galegas teñen elevado este novo fenómeno social a un dos principais problemas de convivencia da actualidade.
Certo é que non se trata dun problema totalmente novo. En realidade ven a ser unha ampliación do problema da movida nocturna, aumentando tódalas consecuencias negativas deste, con máis ruido, maiores excesos de alcohol, maiores molestias ós veciños e moito máis lixo e deterioro de mobiliario urbano.
Tamén é certo que na nosa vila non é aínda un fenómenos comparable ó das cidades, mais sen embargo as queixas de veciños e as súas visibles consecuencias no Parque do Anllóns ou do San Cristovo falan ben as claras dun crecemento preocupante. Nunha vila onde temos asistido mesmo a sentenzas xudiciais contra algúns locais de ocio por ruidos, compre prestar atención ó botellón que comezan a practicar moitos dos nosos mozos. ¿Qué pensades vós? ¿Debe ser permitido ou non? ¿Qué influencia ten en todo isto o “garrafón” ou os prezos dos pubs? ¿Qué solucións proporiades? Velaí está o debate.
2 Comments:
A mí me pone de los nervios la hipocresía y la irresponsabilidad de mucha gente en este asunto.
Por una parte está prohibido beber en la calle. En Carballo, como en otros concellos, hay una ordenanza muy dura contra el botellón, pero no se aplica porque claro, que cosa más fea que un alcalde mande a la poli a impedirles la fiesta a unos chavales, que pronto van a votar y todo (eso suponiendo que la poli fuese hasta allí).
Ayer veía en un debate de la TVG y era patético. A casi todos los intervinientes les daba verdadero pánico condenar o prohibir el botellón. Hasta salía una de El Pais destacando los aspectos positivos, y qué barbaridad, como vamos a demonizar a los chavales y todo ese rollo.
Es que no se trata de demonizar, señora, se trata de aplicar la ley. EN LA CALLE NO SE PUEDE HACER BOTELLÓN, como no se puede organizar una fiesta ni una manifestación sin permiso, y punto pelota. El que quiera beber, que se vaya a un bar o un pub, y si allí hay garrafón, que denuncie, que lo inspeccionen y que multen ejemplarmente. Y si es muy caro, a JOROBARSE toca, ¿o es que en este país la borrachera es un derecho fundamental de la Constitución?
El botellón se arregla con que la policía haga cumplir la ley, tanto a los botelloneros como a los garrafoneros, y asumiendo la realidad de lo que es alcohol, una droga blanda que hay que manejar con responsabilidad, no una parte del estado del bienestar. Así de fácil y así de difícil.
Ah, y de botellódromo que no me hablen, a ver si encima vamos a pagar de nuestros impuestos para que los chavales se pongan ciegos.
23/10/07 23:51
Como aclaracion a este artigo, suxiro que se lea a Ordenanza Municipal de Limpeza do Concello de Carballo, dispoñibel na web municipal, na que, no artigo 8, establecense estas prohibicions:
3.- En todo caso, está absolutamente prohibido que os usuarios dos establecementos de hostalería consuman os productos nelas servidos na vía pública, salvo no caso de que exista autorización para dispór dunha terraza ou velador na vía pública. Neste caso, os envases ou recipientes, así coma os vasos ou análogos, non poderán ser levados fóra do recinto delimitativo da terraza, salvo nas operacións propias do persoal do establecemento para servir ou retira-las consumicións.
4.- Queda terminantemente prohibido consumir bebidas na vía pública se non é nos recintos autorizados anteriormente citados, así coma portar vasos ou recipientes pola mesma que non se atopen debidamente embalados ou recollidos dentro de bolsas ou outros envases que eviten a súa caída á vía pública. É responsabilidade do establecemento de hostalería evitar que os envases ou vasos das bebidas saian do seu establecemento sen a debida embalaxe cando non dispoña de terraza ou velador autorizado, así como que os que se servan nas terrazas saian do recinto das mesmas.
5.- Quedan exceptuadas da prohibición contida nos parágrafos 3 e 4 do presente artigo aquelas actividades autorizadas polo Concello de Carballo, tales coma concertos, romarías e demáis festas populares, sempre que as actividades se realicen dentro dos recintos ou lugares das mesmas e nas datas de celebración debidamente autorizadas.
6.- Non está permitido abandonar vasos, botellas ou toda clase de recipientes de líquidos na vía pública, se non é nos colectores adecuados ao material do que estén realizados.
De xeito que o botellon esta prohibido salvo autorizacion expresa ou en recintos ou eventos concretos, e a limpeza e obrigatoria. A norma pon unhas multas de 50 a 750 €.
En definitiva: esta xa prohibido, soamente hai que facer cumplir a norma, pero, ¿onde esta a vixilancia?
25/10/07 09:13
Publicar un comentario
<< Home