¿Qué pasa coa Casa dos Oficios?
Os do PP están mosqueados. E non é para menos. Hai unha semana, pedían explicacións sobre o estado das obras da Casa dos Oficios (tamén chamado “O Gaiás carballés”), obra repetidamente publicitada, pero sen plazo de finalización conocido, malia que xa tiña que estar rematada. Ós poucos días, o ex – concelleiro socialista de Emprego, Manuel Trigo –seguramente ben informado, tendo en conta o seu anterior cargo no tripartito–, sementaba dúbidas sobre a concesión da 5ª Escola Taller, que sería a presunta encargada de rematar a obra.
Esta sucesión de acontecementos presaxiaba unha rápida contestación do goberno, dando conta das xestións realizadas, do estado das obras, da previsión de remate e de tranquilización sobre a concesión da Escola Taller e o futuro do proxecto. Pois nada de nada. Máis dunha semana despois, o goberno non abriu a boca. E esto non fai máis que alimentar as sospeitas.
Como é natural, o PP volve á carga. Alberto Sueiro volve a pedir que o goberno dea explicacións sobre as previsións financieras e os plazos de remate. Os populares consideran que a mellor forma de acalar rumores e acabar coas dúbidas é que comparezan en comisión informativa os técnicos responsables do proxecto e a actual concelleira de Emprego, María Manso, e así o pediron hoxe.
Xa veremos. Pero despois de tanto silencio (tendo en conta o dado que é este goberno a facer propaganda mesmo do que non existe), a preocupación aumenta. ¿Haberá 5ª Escola Taller? ¿Rematarase a Casa dos Oficios con financiación da Xunta ou terá que afloxar o bolsillo o Concello de Carballo (ou sexa, todos nós)? O horizonte preséntase escuro.
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home