A alternativa vexetal
Non diredes que non é coñero o voso alcalde. Coñero e POETA, con maiúsculas. Porque así lle chamou Ferrero a eso que vai poñer na rotonda de Andrade: “a alternativa vexetal”. Publícao hoxe El Diario de Bergantiños.
Despois de múltiples intentos de afundir a chalana, os sufridos automovilistas conseguírono. E con elo, librarnos a todos do enxendro. Así que, finalmente, e gracias a que Andrade xa non ten vara alta (nin alta nin baixa), a chalana “Porto de Razo” deixará de sufrir agresións –e de agredirnos a vista– e pasará a mellor vida. E como o voso alcalde éche moi llano e pouco afectado, anunciou que o espazo artístico que sustituirá á embarcación será “a alternativa vexetal” (traducimos para vós, paletos iñorantes: césped e flores).
1 Comments:
Olvidastes o párrafo no que fala das "liñas estilizadas" e das "dimensións" das obras acorde ó entorno.
É que temos un alcalde que, xestionar e asumir responsabilidades non, pero soltar rollo e quedar ben, o que queirades. E coma Valdano, pero en plan BNG.
16/10/07 10:32
Publicar un comentario
<< Home