Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

miércoles, octubre 17, 2007

Seguimento do FIOT


Deu comezo o Festival Internacional Outono de Teatro, e dende CD queremos coñecer as impresións e as opinións que van deixando as distintas funcións, dándolle ós nosos lectores a oportunidade de aportar a súa.

O festival ten acadado tal nivel de seguimento, que mesmo en varios medios de comunicación locais hai críticos que analizan cada unha das representacións cos seus artigos, tanto no Diario de Bergantiños coma na Voz de Galicia, en boca de José Maria de la Viña. No apartado de Internet, que é o noso, temos en A Nosa Costa os oportunos comentarios de Santiago Pazos, un dos mellores analistas da actualidade local, ou cando menos un dos poucos que amosa independencia nas súas opinións.

Deixámosvos o enlace dos artigos de Santiago, así como outro onde os que non pudieron asistir ás funcións teñen a oportunidade de sentir o ambiente a través de fotografías.

Artigo de Santiago Pazos

Fotos do FIOT en A Nosa Costa


5 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Santiago Pazos, independiente?
vale.
Carballodixital tamén, supoño.
Pois eu, o Príncipe Azul.
Moito gusto.

17/10/07 15:24

 
Blogger Carballo Dixital said...

Ser independente non quere decir que non teña as súas ideas. Como as temos nós e todos, incluido o Príncipe Azul. Só queremos decir que non escribe/escribimos ó dictado de ninguén. ¿Ti si?

17/10/07 17:19

 
Anonymous Anónimo said...

Santiago Pazos independiente. Sí. Independiente e inteligente. Por lo menos a la hora de analizar la actualidad. Y eso q él escribe artículos de opinión. Deberían copiar otros peridistos/as que, en teoría, escriben crónica. Eso sí crónica interesada y a favor del gobierno bloque pesoe. ¿Estáis pensando en algún periódico en concreto? Sí. Has acertado.

Enhorabuena Santi. Siento q seas demasiado independiente para ser fichado por LA Voz.

18/10/07 01:00

 
Anonymous Anónimo said...

Se es o Príncipe Azul, polo menos estou segura de q non es do bloque.
Posiblemente sexas...xa sei.

18/10/07 01:02

 
Anonymous Anónimo said...

Vaia "Santi", parece que tes moitos seguidores. Tamén os tiñan Franco e mais Hitler.
Polo visto, aquí si lle levas a contraria a Carballodixital xa eres do Bloque. Hai vida mais aló do Bloque, PP e PSOE.
Xa sei que non escribides ó dictado, xa vos dan os escritos feitos.
Repito, reitero e insisto, Santi non é "independiente". É a miña opinión.
"O principe Azul"

18/10/07 22:29

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner