Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

domingo, octubre 28, 2007

Róber segue adiante


Fíxose de rogar. Róber Bodegas foi o penúltimo dos 20 concursantes de "El rey de la comedia" en sair ó escenario. Eran case as doce e media da noite do sábado para o domingo cando Esther Arroyo presentaba ó noso veciño coma un estudiante de arquitectura de interiores, que gustaba tanto da carreira que leva 8 anos con ela.

Lamentablemente o nome de Carballo no saiu a relucir na presentación, que falou de que Roberto viña da Coruña, pero a bo seguro que nos próximos programas haberá tempo para aclaralo. Os primeiros pasos do carballés amosaron un certo e comprensible nerviosismo, mais axiña a sólida base do magnífico monólogo que levaba preparado permitiron a Róber rematar a faena con maestría. Logo dunha noite dominada polo acento andaluz, as imitacións de famosos e doutros humoristas, ou os chistes cortos, a retranca galega e o peculiar estilo "carballés" de contar as cousas sonaron a novo, a diferente, e convenceron ó xurado. Róber Bodegas explicounos as dificultades que ten coa súa nai para explicarlle o seu estado etílico cando regresa á casa nas fins de semana, e acadou momentos magníficos, rematando con que a el "non lle parecía bonito", senón que "lle parecía que vomito".

Chegada a hora da verdade, o xurado dictou veredicto sobre os 5 concursantes da súa tanda. Antonio Resines salvou ó primeiro humorista, e foi Carlos Faemino (de Faemino y Cansado) quen pronunciou a agardada frase: "Creo que el próximo rey de la comedia puede ser... Róber Bodegas". Noraboa e todos con Róber.



 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner