Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

viernes, octubre 26, 2007

¿Nova?


Estabámolo pensando porque non sabiamos se sería conveniente recoller esta nova. Máis que nada porque acontecementos coma este están deixando de selo. Pero como non se pode un acostumar ó desastre, haberá que seguir denunciando ata a extenuación.

Unha vez máis, o noso polígono industrial, ese polígono que segundo os nosos gobernantes vai ser (algún día, non sabemos cando) un referente espectacular en todo o mundo mundial, volveu quedar sen subministro eléctrico. Neste caso semella que a cousa foi froito dun accidente nas obras dunha nave, mais non por iso deixa de ser grave o asunto. O concelleiro de promoción económica José Manuel Guillín exerceu de ombro no que consolarse reiterando que estas situacións teñen sido denunciadas repetidamente ante Industria, coma se o papel dos políticos que están no poder fose denunciar no canto de solucionar.

Disque todo depende da instalación dunha subestación para o parque empresarila que se deberá executar xunto coa archiprometida ampliación do polígono. Por iso lles diriamos ós empresarios e traballadores de Bértoa que se armen de paciencia, aínda que isto para eles xa non sexa nada novo.



 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner