O noso ano
Marisol Soneira é un dos “animais” políticos (dito sea con todo o cariño) máis destacados da Costa da Morte. Tanto polos moitos anos que leva metida en fariña coma pola súa forma de expresar a súas opinións. Segundo os seus detractores, a mesura e a modestia non son as virtudes que máis adornan o seu proceder. Para os seus defensores, ten o carácter que fai falla para representar ás nosas bisbarras no Parlamento.
Sexa coma fora, Marisol ven de realizar una avance do que será o próximo ano na Costa da Morte, que se facemos caso ás súas previsións sona bastante espectacular. A valoración que fai dos orzamentos di que no 2008 poderemos ver en obras a vía de alta capacidade (que segundo ela podería ser autovía dende o principio), os portos, as infraestructuras náuticas ou os polígonos. “A Costa da Morte vai ter un montón de obra pública e imos gañar o futuro", en declaracións que recolle A Nosa Costa.
Claro que se miramos un pouquiño por debaixo da superficie e escoitamos as opinións da oposición, atopámonos con que case todas estas obras (ou todas) figuraban nos orzamentos de anos anteriores, mesmo dende que gobernaba o PP, que todas elas acumulan moito retraso… e que en marzo disque hai eleccións. Nós, pola nosa parte, non sabemos se o 2008 vai ser o noso ano, e preferimos desfrutar mentres tanto co “ano do gato”, gran clásico de Al Stewart.
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home