Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

martes, noviembre 06, 2007

Tomadura de pelo

Así califica o Partido Popular a lectura que fan dos mesmos números dos mesmos Orzamentos os dúas patas do goberno da Xunta, PSOE e BNG. E non é para menos, porque as diferencias nas inversións para a Costa da Morte varían en máis de 30 millóns de euros, dependendo da versión que se escoite. Segundo di o PP, “os dous socios do goberno fan a mesma lectura triunfalista manexando cifras distintas e con unha diferencia de mais do 50%."

O PP di que "a realidade é que os investimentos reais pasaron de 35.9 M€ no orzamento do 2005 a 29.1 M€ en 2008."

Segundo o Partido Popular, este é o resumen dos orzamentos da Xunta para 2008, e a comparación co ano 2005, o que fala ben ás claras de por onde van os tiros:


Investimentos Reais

2005

2008

Dif. 05/08

%

TOTAL ORZ.

22.606.437

16.225.122

-6.381.315

-28,23%

Obra Nova 2005

13.661.306

3.190.490

Obra Nova 2008

10.470.816

30,47%


Para o PP, o PSOE presume de un orzamento que caseque dobla o que presenta o BNG, a pesares de que o Partido Socialista nas suas cifras nin siguiera ten en conta as Consellerias de Industria, Vivenda e Cultura, pertenzentes ao BNG, que na versión nacionalista son as mais inversoras. Os nacionalistas, pola sua banda, non contemplan as de Medio Ambiente.

Este lamentable espectáculo pon as claras o absoluto desprecio e falta de consideración do goberno Bipartito cos veciños dos nosos concellos , e non teñen reparo en presentar cifras totalmente dispares e con un total descaro incluir como investimentos na costa da morte os accesos a Santiago de Compostela (PSOE).

O PP recorda como no actual orzamento non figura ningunha das enmendas que o BNG e o PSOE presentaron os orzamentos do 2005 que incluian investimentos por mais de 19 Millóns € entre as que destacaban: Supresión da peaxe (400.000 €), hospital comarcal (4 Millons €), ambulancia medicalizada (151.000 €) ou unha base loxistica de salvamento marítimo (257.000 €).

A lista de retrasos e incumplimentos é cada vez mais grande (Parador, Pescanova, peaxe da AG-55) e destaca notablemente a via de alta capacidade que despois de mais de dous anos de retraso, resulta que solo será autovia ata Baio, exactamente o mesmo que propoñía o PP e que se podia ter licitado dende setembro do 2005.


 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner