Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

viernes, abril 23, 2010

O inacabado parque de Berlín




Está dando moito que falar a remodelación do parque do Rego da Balsa que o Concello de Carballo realizou cos fondos do Plan E. E por dous motivos diferentes. O primeiro foi o propio deseño e aspecto estético do parque, porque cando todo o mundo esperaba un paseo a base de pedra, madeira ou herba (coma o do río Anllóns), resulta que algunha mente pensante decidiu meter unha chea de muros de cemento rodeando todo por todas partes, cunha estética futurista tal que o río non se ve, e de non ser pola presenza dos xogos infantís, ninguén sería capaz de adiviñar que aquelo é un parque. Unha forma inexplicable de gastar cartos empeorando o paseo que había, e que fixo funcionar o enxeño e a ironía dos carballeses, que xa teñen rebautizado o lugar coma o “Parque de Berlín”, en referencia ó famoso muro que durante décadas dividiu a capital alemana comunista da capitalista.

O anterior, tristemente, xa non ten arranxo ou é moi caro, pero é que ademais hai outro motivo de polémica que ten provocado críticas de oposición e cidadáns, porque resulta que a obra, pese a exceder varios meses do seu prazo, non está rematada nin entregada ó Concello, xa que aínda se deben reparar varios defectos. E pese a iso, os xogos veñen sendo ampliamente empregados polos nenos, porque nada impide o acceso do público, sen que ninguén o controla, advirta, ou exista ningunha garantía de seguridade. Os populares aderezan as súas críticas indicando que a obra incrementou un 20% (o máximo legal) o seu coste sobre o presuposto inicial, e solicitan a Evencio que aclare cal é a situación.

A nós parécenos que, cuestións formais e de seguridade aparte (que por suposto son primordiais), alguén debería artellar un sistema polo que os cidadáns poidamos opinar sobre estes atentados estéticos e naturais antes de permitir que se estrague o noso patrimonio, porque as obras pagámolos nós, non as pagan nin os políticos nin os arquitectos, e algo de voz deberiamos ter. E se alguén quere facerlle un monumento ó muro de Berlín, que marche para Alemania, ou que aprenda a facelo mellor.



Etiquetas: , ,

1 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Pero, ¿No vienen unas elecciones, dentro de un año? pues ya saben donde debemos los ciudadanos dar el visto bueno a la gestión excelente. Si vuelven a elegir al precursor de alternativas vegetales, rotondas intercomunicadas, pues ya saben lo que tendrán.

24/4/10 10:05

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner