Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

jueves, abril 15, 2010

O mundo de Viña



No seu primeiro grande éxito cinematográfico, o cómico Mike Myers (logo famoso por Austin Powers) era Wayne, un mozo que vivía no seu peculiar mundo e coa súa peculiar forma de entender a vida xunto cos seus colegas. Hoxe A Nosa Costa ofrécenos outra visión particular, a de Carballo segundo José Antonio Viña, un político anódino para moitos, que nós pola contra atopamos certamente interesante e singular.

Porque en verdade que non é doado atopar no panorama política nacional un exemplo igual de fidelidade e sacrificio polo outro dentro dun goberno de coalición. Mesmo nos bipartitos máis estables sempre aparecen asperezas e desencontros que animan as relacións entre as dúas partes do goberno. Non sucede así en Carballo, senón que o buenazo do líder socialista está sempre presto e disposto a solucionar os problemas que lle acucien ó alcalde Ferrero, amén de tragar cantos sapos e marróns cheguen a enturbiar as augas dos nacionalistas. Non faltará quen acuse a Viña de que esta servicialidade vai acompañada dun magnífico soldo (o máis alto pagado nunca no Concello de Carballo, moi enriba de Varela e de Andrade), que lle fai ó líder socialista máis levadeira a súa posición. Pero tamén haberá quen considere que esta política de “entente cordialísima” lle pode supoñer a Viña pan para hoxe e fame para mañá, pois pode chamar á desafección dos votantes socialistas máis ortodoxos.

En todo caso Viña déixanos unha serie de xugosas declaracións que poñen de manifesto cómo ve o patio político local: agarda que aumente o peso do seu partido (o que quere dicir que non contempla outro escenario que gobernar de segundo de Evencio), xustifica o retraso do PXOM polos cambios de leis, aínda que “imos seguir traballando a toda velocidade”, e manifesta a súa intención de voltar a presentarse se o partido confía de novo nel, porque “os votantes de calqueira ideoloxía queren ter unha referencia fixa e non gustan dos cambios bruscos e rápidos”. Para Viña se os esforzos non se ven refrendados cos votos é porque “algo está fallando ou non se está vendendo ben”. Veremos se os resultados en efecto lle dan ou lle quitan a razón. Dende logo, o que ninguén dubida é que cando o principal partido de goberno de España non ten en Carballo máis que 2 ou 3 concelleiros dende hai anos, é que algo, seguro, está facendo moi mal.




Etiquetas: ,

3 Comments:

Anonymous Anónimo said...

o do psoe en carballo e historicamente escandaloso pero e o que explica que seres tan anodinos,simples e apaticos como Viña sexan a cabeza visible dun partido de goberno como o psoe.

15/4/10 16:24

 
Anonymous Anónimo said...

Desde luego, que con el sueldo de estos años, le ha compensado el ridículo elección tras elección.

16/4/10 08:16

 
Anonymous Anónimo said...

moi acertados os dous comentarios anteriores,si unimos a sua soseria e que non se lle ve gastar un peso co supersueldo que ten !cojonudo!estase facendo un retiro que nunca soñaria esteaburrido profesor viña

16/4/10 17:13

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner