Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

martes, marzo 30, 2010

A cascada do Ézaro existirá durante 3 horas



A Semana Santa é unha das poucas ocasións en que, por “xentileza” de Ferroatlántica, Sociedad Limitada, podemos contemplar o espectáculo natural que supón a desembocadura do río Xallas en cascada, no Ézaro (Dumbría). Eso si, a natureza desbocarase só 1 hora cada día, non vaia a ser que lle colla o gusto. Será só os días 2, 3 e 4 (venres, sábado e domingo), de 13 a 14 horas (case parece un chiste. Outros anos abrían 2 horas cada día, pero claro, era demasiado).

Pregunta: ¿qué ten máis valor e crea máis riqueza: o interés turístico, pasaxístico, natural,… de manter intacto o único río de Europa que desemboca en cascada, ou o interés económico que representa unha minicentral hidroeléctrica? ¿Qué vos parece?








Etiquetas: , ,

1 Comments:

Anonymous andres said...

Aínda lle temos que dar as grazas a Villar Mir. Ver para crer.

31/3/10 15:44

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner