Condeados a Pedrarrubia
As esperanzas son poucas. A recente entrevista do director xeral de Industria co deputado autonómico Alberto Sueiro e co avogado da plataforma de afectados polo parque eólico de Pedrarrubia cando menos ofreciu sinceridade. Segundo o señor Tahoces, o papel da Xunta neste caso limítase ó dun mero tramitador que aplica con rigor a lei de forma “regrada” sen opinar ou tomar parte na conveniencia ou non do parque, de maneira que si cumpre a lei non se pode denegar a autorización.
Daquela cabe preguntarse qué leis temos que permiten instalar esta clase de instalacións en lugares coma este e con estas condicións. Porque, señor Tahoces, as leis non caen do ceo, senón que as fai alguén e se aproban nun parlamento. Certo que os actuais gobernantes da Xunta recibiron a pataca quente dun proceso xa avanzado polo anterior goberno e xa contaba cunha declaración de impacto ambiental favorable que, segundo todos os actores desta función, foi a batalla máis importante da guerra. Pero tamén é certo que se a consellería de Industria é tan vixiante da lei como di, ha de haber algún recuncho legal polo que buscar as cóxegas a este proxecto e, dentro do cumprimento da lei, atender ás reclamacións dos afectados (que somos todos).
Precisamente a plataforma ven de presentar un recurso de alzada considerando que Galenova modificou as coordenadas dos emprazamentos durante o proceso. A ver que pasa, porque a esperanza, aínda que escasa, é o último que se perde.
Etiquetas: parque eólico pedrarrubia galenova aerogeneradores
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home