Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

miércoles, marzo 03, 2010

De sobrao


Xa levabamos moitos meses sen falar de Manuel Andrade, e notábase que algo faltaba. Hoxe A Nosa Costa déixanos unha nova e marabillosa entrega das súas ocurrencias, que ademais nos sirven para facer un sucinto repaso pola actualidade carballesa.

Do parque de Pedrarrubia reparte culpas entre PSOE, BNG e PP, a piscina parécelle impresentable, un proxecto sin formalidade dirixido por “persoas interesadas no tema”, e remata con acerto acusando ós nacionalistas de predicar contra o cemento e construir un “mamotreto” no parque do Rego da Balsa.

E verán coma ó líder de Tega os anos e a inactividade nin lle diminúen o seu amor propio. Co gallo da revisión do Plan Xeral, na que os técnicos do Concello están a axustar o documento ó informe enviado no seu día pola Xunta, e sobre o que pende a espada de Damocles dunha sentenza xudicial, Andrade di que aquí moito falar de consenso, pero consenso “de boquilla”. Porque o documento foi enviado sen ter en conta á comisión, porque non ten en conta a capacidade da vivenda en Carballo (e iso que o Plan consideraba 30.000 habitantes máis en 12 anos), e porque había que facer outra redacción empezando de cero, que non lle levaría “máis de 15 días”. Lástima que nos seus 4 anos de concelleiro e nos moitos anos anteriores na década dos oitenta, Andrade non amosase a mesma dilixencia no urbanismo carballés, nin en moitos outros asuntos e obras.



Etiquetas: , ,

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner