Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

miércoles, febrero 24, 2010

O futuro da televisión local en Carballo


O apagón analógico chegou á capital de Bergantiños, e xunto coas consecuencias positivas da calidade de imaxe e maior disponibilidade de oferta, houbo a parte negativa do fora de xogo no que quedan as cadeas de televisión local que emitían en analóxico, concretamente de BERTV.

A cadea local bergantiñá segue a emitir a súa sinal, pero non pode ser recibida dentro da TDT, e hai que volver a propósito á televisión “vella” para vela coma a única canle que se mantén no aire. Moita molestia para a maioría dos telespectadores, e supoñemos que unha importante merma de audiencia para unha televisión local que, ademais de ofrecer interesante información local e aumentar a pluralidade dos medios, semella que lograra captar a atención de moita xente. Ou cando menos eso se conclúe do estudio de audiencia que atopamos na rede, e que lle outorga máis dun 8% de cuota de pantalla e máis de 20.000 espectadores. Sinal inequívoca de que a televisión local ten o seu espazo na comarca de Bergantiños.

E agora qué? Pois o futuro está escrito nas licenzas autonómicas e locais para a TDT. En canto ás primeiras, PopularTV Galicia xa emite o seu sinal, pero limítase polo de agora a reproducir a programación da cadea a nivel nacional. Mentres, Vtelevisión, a cadea do Grupo Voz, está a intensificar a súa propaganda a través da web do xornal La Voz de Galicia, pero nin tan sequera ten aínda emisión en probas. E no tocante ás TDT locais propiamente ditas, recordamos a nova que publicaramos hai xa case 4 anos (xa choveu), na que se outorgaban 3 licencias en Carballo, correspondentes ós grupos mediáticos de La Opinión da Coruña, Capital (editora do Diario de Bergantiños) e Salitre Multimedia (da que non temos máis datos). Dende ese día ata hoxe ningunha novidade. Haberá que estar atentos ó que pasa, porque, se ben é certo que non corren bos tempos para o sector da televisión (aí están as fusións) e que 3 serían demasiadas, tamén está claro que semella haber espacio para alomenos unha boa canle de índole local, e que non é normal que en 4 anos de licencia non se teña movido nada por parte de ninguén. A ver qué pasa.



Etiquetas: ,

1 Comments:

Anonymous Anónimo said...

ah! pero ¿encima se echa de menos una televisión pirata?. Y eso no es lo chungo.. Con subvención mensual del concello que le pagaba la comida a todos los indigentes del pueblo durante tres meses!!!. No jodas hombre no jodas!!.

5/3/10 16:11

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner