Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

jueves, febrero 18, 2010

An de güiner is…


Todo queda en casa. A empresa carballesa Decoraciones J. Bello será a encargada de levar a cabo a disminuida e discutida reforma do mercado municipal de abastos. Así o informa hoxe a prensa local, e abofé que as súas condicións son inmellorables: abarata nun 23% o orzamento inicial, afórralle 500.000 € ó Concello, reduce o prazo de execución a 10 meses, e aínda por riba inclúe unha serie de melloras non previstas no proxecto por valor de 265.000 €. É dicir, que negocio redondo para o consistorio municipal.

Non obstante, este novo e importante paso dado na tramitación da obra non oculta dous debates importantes. Por unha banda as dúbidas de carácter legal que se teñen plantexado neste blog sobre das condicións das concesións e dos postos dos placeiros. E sobre todo pola outra as dúbidas e o rexeitamento que se ten detectado entre moitos carballeses, tanto concesionarios da praza, coma comerciantes do centro ou cidadáns particulares. Polo visto semella que o goberno ten a decisión tomada e vai seguir adiante contra vento e marea, e de feito xa a vindeira semana está previsto que os primeiros placeiros dos postos exteriores comecen a instalarse na planta alta.

Dende o BOE (Boletín Oficial de Evencio, segundo un dos nosos lectores) xa se comeza a preparar o terreo, “es necesario que todos los implicados hagan un esfuerzo para que la inversión sea buena para Carballo”, de modo que todo aquel se atreva a poñer algunha pega xa sabe que vai ser instalado no gueto dos antisistema. Ese mesmo gueto no que se atopaban todos os que hai catro anos dubidaban do anterior gran proxecto para a praza do Concello. Eterno retorno.



Etiquetas:

2 Comments:

Anonymous Calaf said...

Me recuerda a lo que decían antes de construir el túnel en un recorte que ya os envié yo en su día: "nadie debe oponerse, ni siquiera por razones políticas".

19/2/10 10:43

 
Anonymous Anónimo said...

¿A nadie le choca que una empresa pueda hacer una obra de 2,5 millones de euros por 1,7 millones?
No sólo baja en más de 500.000 euros la oferta, sino que además "regala" mejoras por 260.000.
Las cuentas no cuadran.
¿Cuánto tardaremos en leer en la prensa que han aparecido problemas "imprevistos" en la obra, o que la estructura del mercado estaba más dañada de lo previsto, y que la empresa ganadora presentará una subida de la factura importante, quizás incluso recuperando gran parte de esa "rebaja"?
Esa conducta tiene un nombre: fraude en la contratación, pues, además de engañar a todos los ciudadanos de Carballo que la vamos a pagar, ha engañado a las demás empresas que presentaron ofertas más realistas, y precisamente por ello han quedado fuera.
Y la culpa será de Ambrosio, por supuesto, que Evencio es virgen, casto y puro.

23/2/10 22:17

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner