Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

viernes, marzo 05, 2010

Aplicarse o conto










- Débese pasar da teoría á práctica.
- As administracións deben facer políticas reais, non quedarse nos diagnósticos e nos papeis.
- Nesta conxuntura é imprescindible deixar de buscar culpables para buscar solucións, aínda que o camiño que marcan os primeiros responsables sexa erróneo.

Seguramente pensedes que lle estamos a tirar de novo das orellas ó goberno local de Carballo, tan afeccionado como é a contarnos marabillosas historias de grandes plans teóricos que endexamais se fan realidade, e a buscar noutras administracións a responsabilidade dos problemas que temos na capital de Bergantiños. Pero non, estas frases non son da nosa colleita. Foron pronunciadas esta semana por Evencio Ferrero e dirixidas ós empresarios e ó conxunto da sociedade comarcal. Así como o ledes.

Xa vedes que unha cousa é predicar e outra dar trigo, porque a nós tamén nos gustaría que o noso alcalde pasase da teoría de falar de parques temáticos de enerxías renovables a velos servindo para algo, de falar de ambiciosos plans de tráfico a circular fluidamente pola nosa vila, pasar dos diagnósticos das fortalezas e debilidades do noso comercio a solventar dunha vez por todas o problema do tráfico e da humanización da cidade, de presumir de Carballo Limpo a ver os solares limpos de silveiras por primeira vez… igual que nos gustaría que o noso alcalde deixase de buscar culpables na Xunta polo fracaso na construcción das garderías e se movese para buscar solucións reais, que deixase de mirar para o exterior para explicar a crise económica, e se preocupase por cando menos recoñecer o tremendo problema de paro que temos, que non se lavara as mans no tocante ós prezos dos solares do polígono industrial e mirara por unha forma de arranxalo… en definitiva, que se aplicase dunha vez todos eses contos que el tan ben conta.



Etiquetas: ,

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner