Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

jueves, marzo 11, 2010

Unha pisca de luz sobre o realoxo dos placeiros



Unha vez máis, o noso amigo Quen fixo a lei... acláranos algunhas cousas importantes sobre aspectos legais e administrativos que se nos escapan aos legos na materia. Esta vez, en relación co realoxo dos placeiros do Mercado mentres duran as obras:

Aquí estamos de novo, co asunto de sempre. Heino aburrir de tanto falar do mesmo, pero tanto se fala porque nada se ten feito. Vamos polo ¿terceiro ou cuarto? intento de "humanización do centro urban e potenciación do comercio local" Evencio dixit.

Eu só teño que puntualizar un feito realmente abraiante. Como é un pouco largo, imos explicar os pasos que hai que seguir para contratar unha obra pública, según a normativa vixente.

Paso 1.-
A Lei exixe que se aprobe, antes de nada, o proxecto de execución.

Esto é pura lóxica: para contratar, primeiro hai que avaliar canto vai custar, como máximo, esa obra, para que as empresas presenten ofertas, sempre por debaixo dese máximo. E para saber canto vai custar, hai que ter un proxecto técnico constructivo definido. Nese proxecto, teñen que vir descritos os postos definitivos do mercado: canto miden, onde están, se dan para as ventanas ou para adentro, se teñen tellado ou non, así como en qué zona concreta do edificio se sitúan (en qué piso, onde van as carnicerías ou as pescaderías que precisen espacio para cámaras frigoríficas).

Este paso xa o dou o Concello. Saíu na prensa local que se aprobou na Comisión de Goberno Local hai uns meses. Logo xa hai un proxecto que ten que conter o que acabo de explicar: dónde e cómo están os postos a construir.

Paso 2.-
A continuación, o Concello abre o procedemento para contratar á empresa que vai facer a obra. Sen entrar en profundidades, baste dicir que será aquela que presente a oferta máis ventaxosa, tanto desde un punto de vista económico (a máis barata) coma técnico (a que ofreza máis garantías, a que sexa máis breve no tempo de execución, a que presente melloras constructivas sobre o proxecto, etc)

Este paso xa está dado, sendo contratada a obra a unha empresa de Carballo, segundo a prensa local.

Paso 3.-
A empresa, para empezar as obras, ten que poder dispoñer físicamente do edificio que ten que remodelar, e, evidentemente, non o poderá facer cos placeiros dentro. Logo o Concello deberá realoxalos, sexa fóra do edificio ou, segundo parece, dentro do mesmo. E neste paso estamos agora, polo visto.

Neste punto é donde parece, segundo a noticia deste blog, que empezan os problemas.

Non entendo tales problemas. No proxecto de obra ten que...figurar cómo queda o Mercado resultante, e, antes de ordear traslados dos concesionarios, o Concello ben seguro que ten feito o expediente administrativo no que comunica ós placeiros a orde de traslado provisional, o lugar provisorio de actividade, e o posto definitivo que se lle adxudica unha vez rematada a obra, pois, doutro xeito, non podería trasladar ós placeiros a lugar ningún, pois estaría a pisar os dereitos dos concesionarios.

Así que non vexo onde está o problema, e resúltanme absolutamente incomprensibles as palabras do Sr. Guillín, pois a proposta dos autores do proxecto é o propio proxecto, e xa está aprobado polo governo.

¿Ou se nos está a ocultar información? Non o creo. De seguro que todos e cada un dos placeiros dispoñen desde hai varios meses do documento administrativo que lles indica cal vai ser o posto que finalmente se lle adxudica a cada un, asunto que corresponde decidir ó Pleno do Concello, según a lei, polo que, repito, non entendo esta noticia.

Etiquetas: , ,

1 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Pois despois de ler hoxe na Voz de Galicia o que dí Guillín, o que está claro é que aínda ningún placeiro sabe qué posto lle vai tocar ó final. Así que o problema está claro. A ley dirá o que diga, pero en Carballo están facendo outra cousa.
Insumisión para os placeiros.

12/3/10 20:20

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner