Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

jueves, marzo 11, 2010

De banco a chiringuito


A desaceleración-dificultade-crise-recesión-xaveremos que sufrimos está a afectar a case que todo o mundo sen apenas distincións. Moitos pensaredes que xustamente os bancos son os que mellor están a levar este trance, gracias á “nosa” xenerosa contribución a través dos rescates que o goberno central graciosamente lles concediu. Pero non é o caso de todos os bancos. En Carballo temos un banco chamado “Do Tempo” que semella non funcionar, de feito poderíamos dicir que nunca chegou a facelo. Cando menos non coma tal, se cadra sí coma outra cousa. Fagamos memoria:

Corría o ano 2007, concretamente no mes de novembro, cando se presenta en Carballo unha iniciativa novidosa, con tintes de utopía, que tiña antecedentes noutros lugares do mundo. Todos estabamos á expectativa do que podería acontecer.

Un ano máis tarde preguntabámonos qué fora dun proxecto que caera no esquecemento.

Hai agora un ano o banco de tempo voltaba dar sinais de vida para anunciar a creación dun blog xunto con outros bancos da comarca, así como unha serie de cursos e actividades en colaboración coa asociación “Mulleralia”.

E hoxe lemos no BOE, co seu entusiasmo habitual, que se ven de celebrar no Pazo da Cultura unha conferencia na que os coordinadores dos bancos de tempo de Vigo e Barcelona expoñían as súas experiencias. Sen embargo, nin os datos nuns ni os de outros ofrecen precisamente sinais de éxito. No caso de Vigo fálannos de 217 asociados, sin números das horas reais intercambiadas entre eles, mentres que en Carballo hai tan só 45 asociados, dos que nos din que “ya han dado alguna hora de su tiempo”. Mellor non preguntemos exactamente cantas. Porque aínda que o banco leva xa máis de dous anos creado (e non un ano como equivocadamente di o BOE), o certo é que toda súa bagaxe neste tempo se reduce a dar cursiños de manualidades, maquillaxe ou calceta. E iso, señoras e señores, non é o obxecto dun banco de tempo, senón máis ben unha excusa para xustificar o mantemento dun chiringuito que está a recibir cartos públicos, e que non se están empregando no que se supoñía se tiñan que empregar.



Etiquetas:

6 Comments:

Anonymous basta ya de tanta tonteria said...

claro,conciso y concreto.No se necesita mas explicacion para este otro rollo barato de nuestro ayuntamiento.Hasta los mismisimos........

12/3/10 20:55

 
Anonymous Anónimo said...

Pois a min a idea paréceme boa. E hai que tentalo.
Outra cousa é o egoismo que temos todos, que non favorece este tipo de iniciativas.

13/3/10 21:46

 
Anonymous Anónimo said...

Estou á espera de que faledes do medio millón de euros que o Concello palma pola xestión de governos anteriores.

13/3/10 21:47

 
Anonymous Anónimo said...

Yo también quiero que se hable del dinero que palma el Concello por la gestión de gobiernos anteriores.

Y ya de paso, también del regalo de bienes municipales a particulares, que supongo que tendrán un valor: los montes de Cances (¿dónde está la explotación del monte por los vecinos, que aún preguntan quién es ahora el dueño del monte?), las dunas de Lema en As Saíñas, que se regaló a un promotor que embaucó a unos vecinos, los montes de Vilela en Entrecruces, que ahora se dejan ocupar por los vecinos de Coristanco.

¿Eso tampoco tiene valor?

¿y aquella casa que costó un riñón junto al puente de La Milagrosa para ampliar el paseo del San Martiño, cuánto costó, porque sigue en pie, y yo no veo el paseo?

Y de seguro que aún hay muchas más cosas que LVDG no hace públicas, no sea que se ofenda el alcalde.

Yo quiero todos los datos, claritos y con pruebas, que aquí hay mucha gente que sólo sabe contar parte de la verdad.

15/3/10 22:01

 
Anonymous Anónimo said...

A min interésame moito máis canto custa o banco de tempo dos cartos de todos os carballeses.

A diferencia entre chiringuito e servicio público é moi fácil de apreciar:

- se custa un montón de cartos, serve para colocar xente traballando, pero non da resultados ningúns, ou moi escasos, é un chiringuito (aínda qeu a idea, no terceiro mundo, sexa moi boa)

- se custa poucos cartos, e serve para dar un servicio útil a un número importante de carballeses, é un servicio público.

De maneira que basta con saber canto gasta o Concello ó ano no Banco de Tempo, canta xente se contrata ou cobra por xestionalo e xa saberemos a diferencia.

Hai varios costes evidentes deste servicio:
- anuncios a mansalva na Voz.
- subvención anual do concello, ca que se contrata personal.
- o soldo dos funcionarios municipales que saen sempre nas fotos do asunto.

E os que non saberemos. Sería moi interesante que o Concello fixera público canto nos costa a todos os carballeses este invento cada ano.

15/3/10 22:13

 
Anonymous Anónimo said...

pues creo que seria una buena idea apoyarlo en vez de criticarlo, por ejemplo ayudar desde este blog a que funcione, a promocionarlo. no creo que sea una mala iniciativa. quiza no funcione porque simplemente no lo apoyamos, no porque no nos parezca una buena idea, sino porque antes de empezar ya le llamamos "utopia". y asi nos va. cuanto peor mejor. animo! y apuntense, todos podemos hacer un poquito.

20/3/10 10:19

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner