Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

miércoles, noviembre 14, 2007

Utopías ou realidades?


Eterna cuestión. Gran pregunta de moitos aspectos da existencia humana. ¿Ónde se atopa a barreira do que é verdadeiramente factible e do que obedece simplemente ás ensoñacións? Repetímonos esta cuestión a propósito dunha iniciativa que se vai poñer en breve en marcha en Carballo: o banco de tempo.

Certo que o concepto non é novo. É máis, cremos lembrar que varios partidos políticos o mencionaban nos seus programas electorais. O asunto consiste na prestación de servizos de diversa índole por parte dos cidadáns, e xestionados polo banco, a cambio de recibir a prestación de servizos por outras persoas por tempo equivalente, nunca por cartos. Cociñar, levar rapaces ó colexio, sacar a pasear o can, etc, son favores que unha persoa fai para outra, e éste queda en débeda con banco para facer un favor coa mesma duración a un terceiro que o solicite.

A idea é crear unha sinerxia que nos permita a todos axudarnos a conciliar vida persoal e laboral, ademais de permitir o acceso a servizos de todo tipo de persoas. Ata aquí todo moi bonito, mais a realidade é que estes bancos de tempo, que xa levan a súa andaina nas grandes cidades, non acaban de botar a rolar e de darse a coñecer. ¿Os motivos? Parecen sinxelos. ¿Quén deixaría os seus fillos ó coidado dun descoñecido, simplemente porque un funcionario di que é unha persoa válida? ¿Quén comería un guiso cociñado non se sabe por quén, non se sabe ónde e non se sabe cómo? E por último, ¿cómo se controla a devolución do tempo ó banco? ¿Vaise multar con cartos? ¿Vaise ir ó banco pola vía de apremio? Se ledes a wikipedia veredes que esta idea provén de grupos anarquistas. Se cadra por iso semella tan utópico. Ou se cadra nunha vila máis pequena, onde moita xente aínda se coñece, pode ter posibilidades. Habémolo ver.

Entre tanto, o día 19 ás 20:30 e no Pazo da Cultura vaise dar a coñecer este programa máis polo miudo, ou ben no teléfono 981545354, ou mandando un correo a xestion.actividades.sgi@xunta.es

Algúns enlaces:

http://es.wikipedia.org/wiki/Banco_de_tiempo

http://www.bdtmadrid.org/
http://www.bancodeltiempozaragoza.org/sp/rubrique.php3?id_rubrique=1



 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner