De banco a chiringuito

A desaceleración-dificultade-crise-recesión-xaveremos que sufrimos está a afectar a case que todo o mundo sen apenas distincións. Moitos pensaredes que xustamente os bancos son os que mellor están a levar este trance, gracias á “nosa” xenerosa contribución a través dos rescates que o goberno central graciosamente lles concediu. Pero non é o caso de todos os bancos. En Carballo temos un banco chamado “Do Tempo” que semella non funcionar, de feito poderíamos dicir que nunca chegou a facelo. Cando menos non coma tal, se cadra sí coma outra cousa. Fagamos memoria:
Corría o ano 2007, concretamente no mes de novembro, cando se presenta en Carballo unha iniciativa novidosa, con tintes de utopía, que tiña antecedentes noutros lugares do mundo. Todos estabamos á expectativa do que podería acontecer.
Un ano máis tarde preguntabámonos qué fora dun proxecto que caera no esquecemento.
Hai agora un ano o banco de tempo voltaba dar sinais de vida para anunciar a creación dun blog xunto con outros bancos da comarca, así como unha serie de cursos e actividades en colaboración coa asociación “Mulleralia”.
E hoxe lemos no BOE, co seu entusiasmo habitual, que se ven de celebrar no Pazo da Cultura unha conferencia na que os coordinadores dos bancos de tempo de Vigo e Barcelona expoñían as súas experiencias. Sen embargo, nin os datos nuns ni os de outros ofrecen precisamente sinais de éxito. No caso de Vigo fálannos de 217 asociados, sin números das horas reais intercambiadas entre eles, mentres que en Carballo hai tan só 45 asociados, dos que nos din que “ya han dado alguna hora de su tiempo”. Mellor non preguntemos exactamente cantas. Porque aínda que o banco leva xa máis de dous anos creado (e non un ano como equivocadamente di o BOE), o certo é que toda súa bagaxe neste tempo se reduce a dar cursiños de manualidades, maquillaxe ou calceta. E iso, señoras e señores, non é o obxecto dun banco de tempo, senón máis ben unha excusa para xustificar o mantemento dun chiringuito que está a recibir cartos públicos, e que non se están empregando no que se supoñía se tiñan que empregar.
Etiquetas: banco de tempo
Seguir lendo...

