Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

martes, marzo 23, 2010

Despilfarros e recortes


No “Gran despilfarro”, unha comedia de grande éxito nos anos 80, Richard Pryor interpretaba a un vividor que casualmente herdaba unha grande suma de cartos dun parente lonxano tacaño e multimillonario. Pero cun regalo envelenado: herdaría un suplemento moito máis grande se era quen, nun corto período de tempo e cunhas regras moi estritas, de gastar todos eses cartos ata o último centavo. Pretendía de esta forma ensinarlle a odiar o despilfarro e apreciar o aforro, a verdadeira forma de labrarse un porvir nesta vida.

Sirve este título para ilustrar o noso post de hoxe, que trata sobre o debate que nestes intres se está a suscitar en todos os medios de comunicación do país. Unha vez rematada a festa, e cando todas as administracións se ven coa auga do déficit ó pescozo, chegou o momento de sacar a tesoira e recortar gastos. Pero ¿ónde? Esa é a cuestión. ¿Cáles dos moitos asuntos nos que se teñen despilfarrado cartos públicos nos últimos anos deben ser eliminados ou recortados? Soldos dos funcionarios, coches oficiais, altos cargos, dietas, organismos duplicados ou inútiles… son bastantes os exemplos que xa están en boca de todos. Porque son moitos os privilexios e gastos absurdos nos que os nosos gobernantes teñen incurrido nos anos de bonanza. E por certo que non deixa de resultar curioso que, precisamente un dos asuntos que o protagonista do “Gran despilfarro” elixe para dilapidar cartos rapidamente é xustamente entrar en política e presentarse a alcalde.

Tendo en conta a nosa xurisdicción local, platexámosvos que nos digades gastos que se fan en Carballo e que pensades que poderían ser recortados, porque os considerades inxustos, superfluos, ou porque son os que menos lesionarían a calidade de vida dos carballeses. E non vale dicir que ningún, porque dalgún sitio haberá que reducir para cadrar as contas. Para abrir boca, nós mencionamos algúns dos que xa teñen dado que falar antes: teléfonos, soldos de políticos e asesores, soldos de funcionarios, feiras ou actos públicos sen seguemento… ¿ou pensades que se debería aforrar en obras ou servizos? Se as cousas na economía continúan coma parece que van continuar, os nosos gobernantes han aprender a non despilfarrar, si, pero á forza e sen premio ningún.


Etiquetas: ,

2 Comments:

Anonymous El último boy scout said...

Para empezar, fuera banco de tempo, normalización lingüística, la mitad de las campañas que sacan en radio y prensa, "asesores" y secretarios municipales, y congelación salarial para todos los empleados públicos.
Para continuar que se hagan las obras como Dios manda a la primera, y no tener que sufrir chapuzas reparadas siete veces como las rotondas, la avenida de Bergantiños, la piscina, etc.
Y tampoco entiendo por qué el concello tiene que meterse en tiempos de crisis a crear cosas como escuelas de teatro ni gastar tanto en actos culturales, que todo está muy bien, pero lo primero es el bolsillo, y ya vendrán tiempos mejores, pero antes hay que llegar a ellos y lograr salir de esta. El problema es que los políticos, y los funcionarios igual, no son conscientes ni de lejos de lo realmente mal que lo está pasando muchísima gente, y de todas las empresas y autónomos que estamos al borde de la quiebra. Cualquier político y cualquier funcionario debería de pasar obligatoriamente al menos un par de meses al frente de un negocio. Les aseguro que su actitud iba a cambiar radicalmente.

23/3/10 20:28

 
Anonymous Anónimo said...

xa vos vale ¿e de que iban a vivir senon da politica elementos como benedicto viña,xose reguera,o secretario do alcalde y demas bloqueros colocados?.¿traballaron algunha vez na sua vida?ni estaban ni se les espera.

25/3/10 17:54

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner