Pero qué présa tedes?
Era un 21 de decembro de 2009 cando a Xunta de Galicia remitía o informe sobre a revisión do Plan Xeral de Urbanismo que está a elaborar o Concello de Carballo. Recordemos que se esa revisión non é aprobada ben axiña, o Plan en vigor pode quedar anulado por causa dunha sentenza xudicial que pode caer en calquera momento, o que deixaría a Carballo sen ordenación urbanística, e significaría paralizar gran parte do seu crecemento, rematando de morte a actividade da construcción. Falamos dun informe que non era nada favorable, senón que máis ben lle sacaba ó concello tarxeta amarela, por non dicir vermella, por super-exceso de edificación e por falta de protección do entorno natural.
Neste contexto calquera persoa sensata diría que os nosos gobernantes e os técnicos que teñen contratados rapidamente se porían mans a obra para falar coa Xunta, correxir calquera defecto, e continuar cunha rápida tramitación do plan. Non sí? Pois non, en Carballo as cousas sempre son diferentes. Porque, ou ben o goberno xa tirou a toalla, da por anulado o PXOM e tanto lle da, ou a incompetencia do noso gonerno é supina. Porque agora, cando estamos a 18 de marzo de 2010, é dicir, 3 meses despois, temos a primeira noticia de movemento por parte do Concello, e vai consistir, nada máis e nada menos, que en pedirlle á Xunta que concrete mellor as súas críticas, e que defina o modelo territorial que quere, tendo en conta que obxeccións coma o cuestionamento das vivendas previstas trastocarían completamente o deseño do Plan. Alguén terá que dar algunha explicación, porque tal e como se explica hoxe na prensa local, só se pode deducir que a Comisión de Urbanismo de Carballo tardou, nun asunto de vital importancia, tres meses en ler un informe, para finalmente pedir que llo aclaren. Demoledor.
Ah, e non pensen que as cousas volven a estar en marcha. Aínda haberá que agardar á semana que ven para que se aprobe o acordo de consultarlle á Xunta cal é exactamente a súa postura. E pensar que hai xente que se pon de acordo e arranxa os seus problemas cunha simple chamada telefónica… Canta razón tiña Napoleón cando dixo que a mellor forma de paralizar algo é nomear unha comisión. E iso que non coñecía Carballo.
Etiquetas: PXOM Plano Xeral Ordenación PGOM General
1 Comments:
a cousa está clara. O concello e o seu governo a botar balóns fóra, e rebotarlle o asunto á Xunta.
O importante é que a culpa sexa doutros, non dos nosos governantes, que só teñen virtudes.
Lémbrese que a culpa da gardería é da Xunta. A culpa da circunvalación é da Xunta. A culpa de non ter o segundo centro de saúde é da Xunta. A culpa da falta de prazas de escolarización infantil é da Xunta. A culpa das rotondas que non deixan pasar ós peatóns é da Xunta. A culpa do gravísimo problema socioeducativo que supón o novo decreto da lingua é da Xunta. A culpa da peaxe é da Xunta.
Iso sí, sempre que a Xunta sexa governada polo PP, que antes non había culpa de nada.
E o que nos agarda, que o PP aínda leva só un ano desde o bipartito.
En breve tocará retomar reivindicacións esquecidas:
- metro lixeiro
- terceira fase da Vázquez de Parga
- nova traída de augas a Carballo
- escola taller
Así nos vai.
19/3/10 11:26
Publicar un comentario
<< Home