Somos unha potenzia
Total.
Como titulaba hai uns anos Carlos Blanco nun programa da TVG, en Carballo somos
unha potenzia. Se cadra non en emprego (batimos records de parados), se cadra
non en seguridade cidadá (saímos case tódolos días nas páxinas de sucesos), se
cadra non en urbanismo (non temos Plan nin nos interesa facelo), pero sí… en
normalización lingüística.
Porque
dende que os Bloque Boys & Girls se fixeron co poder na capital de
Bergantiños, Carballo ten chegado a converterse no referente galego dos
“loitadores” da lingua. O primeiro de todo foi contratar a un normalizador
lingüístico como funcionario con soldo do Concello, antes mesmo que outros
moitos postos nos que existen carencias. Despois creouse o famoso concurso de
artigos normalizadores, onde persoas con “inquedanzas” de toda Galicia compiten
por un primeiro posto e accésits cunha boa recompensa económica. Por suposto,
toda a política municipal ven estando implicada na promoción do idioma galego.
E ademais o Concello ten suscrito un bo número de convenios de colaboración coa
Universidade da Coruña e organizado cursos de verán, como non, sobre
normalización lingüística. E mesmo neste tempos de incerteza económica, cando
se suben taxas e impostos, ninguén no BNG pon en dúbida que se sigan a gastar
os mesmos cartos nas cousas da lingua.
A máis
recente nova ven a sinalar outra volta máis a importancia capital que o equipo
de Evencio Ferrero dá a esta faceta, tan central (ou máis) na súa acción de
goberno, coma o urbanismo, os impostos, ou servizos sociais. Resulta que o
Fórum, esa magna obra valorada en ¿sete, oito, ou máis? millóns de euros vai
por fin adquirir actividade grazas a, faltaría máis, cursos en materia de
normalización lingüística. Un fin que sen dúbida xustifica a inversión máis
multimillonaria da historia de Carballo e que confirma que, en efecto, somos
unha potenzia.
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home