Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

jueves, mayo 07, 2009

Chegan os Carbacops


A policía local de Carballo ten sido en varios ocasións protagonista de artigos en CD, como tamén o é con frecuencia dos debates de rúa e cafetería da nosa cidade. E, se queremos ser sinceiros, temos que decir que non sempre para ben. Sexan xustas ou non, o certo é que son numerosas as queixas que falan de certa falta de dedicación e de atención por parte dos nosos axentes, ó igual que tamén son numerosas e coñecidas as súas queixas pola súa situación laboral.

Sen embargo, hoxe escribimos para tratar dun asunto completamente diferente, e que ademais pretende mellorar a eficacia da labor policial: Carballo será o segundo Concello de Galicia, despois de Oleiros, en implantar, de modo experimental durante un ano, un ultramoderno sistema informático de seguimento elaborado pola empresa Democom. Pantallas de televisión monitorizadas na central, aparatos de seguimento GPS para cada axente, dispositivos de tranmisión de voz e datos, e un completo sistema dixital que permitirá coñecer en tempo real a posición de cada policía sobre un rueiro ou mesmo sobre as imaxe de Google Earth. Deste xeito será máis fácil coordinar as labores de vixiancia ou chegar antes a intervir nunha urgencia. ¿Quén dixo que o futuro non estaba aquí? ¿Quén será o encargado de berrar aquelo de “T.J., ó tellado”?

Por se todo isto fose pouco, o concelleiro delegado, Benedicto Viña (a quen se nota encantado co xoguete, ó igual que o alcalde) tamén anunciou que Carballo vaise sumar ó proxecto “Eurocop”, un «sistema de xestión integral da Policía Local que servirá, por exemplo, para poder acceder a datos doutros corpos de seguridade ou dispoñer de documentos tipo para determinados trámites, co cal vaise conseguir axilizar a xestión policial». De modo que xa nos podemos adiantar a pronosticar o novo nome dos policías de Carballo: os “Carbacops”, parte homes, parte máquinas, todo policías, o futuro da lei.

Bromas aparte, gustaríamos recomendar que para a implantación do sistema se teña en conta a opinión dos profesionais que en efecto van ter que aplicar o sistema, e agardamos que no Concello de Carballo, ademais de sair ben no xornal, saiban ben o que están facendo, e que o custe do invento sexa razonable e pague realmente a pena. Porque do contrario, o cachondeo nas nosas rúas pode traer cola.



Etiquetas:

2 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Que bueno don Benedicto, presenta unas telecomunicaciones estupendas, magnificas y únicas en el mundo entero.
Desde hace un mes y medio que funcionan, dan fallos, si señor Bene, dan fallos como usted sabe, y no quiere reconocer y el localizador funciona cuando le da la gana al satélite. Funcionan si están los aparatos en la calle, si están en el interior de un edificio, el satélite no detecta la presencia, las trasmisiones se ven interrumpidas y dando fallos y no recibiendo ni transmitiendo, pero todo va bien, según Vuestra Señoría.
Tienen la cara dura de en la Voz de hablar del Eurocoop un programa informático magnifico y único en el mundo mundial.
Peeeeero diga cuanto costo dicho programa, cuanto? Treinta mil euros, si 30.000 pero diga cuando se compro, hace cuatro años que esta comprado y aun sigue sin ser usado a día de hoy, eso si recientemente se actualizo para lo cual se gasto unos 6000 euriños de nada. Y sigue sin ser usado, pero bueno esta bien guardado en algún cajón
Hablemos de los coches, los cuales dos eran de renting y digo eran, ya que usted por una pequeña cantidad de otros 6000 euros se los compra, después de saber que están a dar problemas y fallos con averías importantes y de un valor considerable el importe de sus facturas.
Continué así señor Bene, que vamos bien.
Un saludo de LOBO

9/5/09 17:23

 
Anonymous Anónimo said...

Para coordinar están os mandos. ¿Si fan ou deixan de facer?, si chamas por ruídos, non teñen o sonómetro. Si te queixas polo horario de cierre dos bares, non saben que licencias teñen. Si chamas por un vado ocupado, esperas un rato largo. Si chamas por unha pelea, que chames á Garda Civil. Esto da Policía non ñe problema dos policías. Esta cantinela xa dura moitos anos e varias lexislaturas, e non son eles os que teñen que solucionar un problema de desídia. Son os mandos e por suposto os políticos, si, o cencelleiro de turno, que para eso cobra dedicación exclusiva, o que ten que mandar facer e que se faga. ös mesmos que lles imos pedir favores, moitas veces por riba da legalidade, son os que teñen que poñer ós demáis a traballar. ¿por qué non o fan?.¿qué ganan con esto así? Onde están os da Oposición que no vixían este Servício Municipal? ¿Terán eles algo que ver ca situación actual da Policía?

11/5/09 13:14

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner