Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

domingo, abril 26, 2009

Unha carballesa en Matalobos


Hai xa uns meses que falabamos de María Tasende. Esta xoven actriz carballesa participaba en varios episodios de "Padre Casares", e presentábase coma unha promesa de futuro. Ese futuro ven de confirmarse agora porque María da vida a Sara na exitosa serie da TVG "Matalobos". Trátase dunha personaxe complexa, unha avogada idealista colocada na tesitura de elexir entre o dictado da súa conciencia e a tradición da súa familia, pois o seu pai é defensor dun famoso narco.

Así que xa vedes, despois dos éxitos de Róber Bodegas e Franc3s, Carballo segue a gañar presenza no mundo audiovisual. Neste enlace podedes seguir os catro capítulos que xa van emitidos, e nestoutro está a súa ficha no portal do Consello da Cultura Galega.



Etiquetas:

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner