Nixon canta "Imagine"
Finais dos 60. Guerra de Vietnam. Un artista incomprendido canta este estribillo:
Imagine there’s no country,
it isn’t hard to do,
no hell bellow us,
above us only sky,
imagine all the people living like in peace, iuhuuuu
A cámara enfoca ó artista, mais non é John Lennon, é Richard Nixon e Kennedy faille os coros. Os presidentes dos EEUU son os que “imaxinan” que o mundo é distinto a como eles o dirixen.
Pois algo parecido sucedeu esta fin de semana na presentación de Evencio Ferrero como candidato á alcaldía de Carballo, rodeado pola cúpula do seu partido. Porque o actual alcalde carballés, que se presenta á reelección logo de catro anos, e en presencia do vicepresidente da Xunta, afirmou ilusionado que imaxina Carballo “con autovía gratuíta e hospital comarcal” ou con metro lixeiro ata a Coruña. Iso mesmo, ademais do carril-bici ou o gran parque do Bosque, debeu de ser o que imaxinaron os seus votantes nas últimas eleccións. Pero seguramente poderedes dicir que eran uns soñadores.
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home