O PP informará ós placeiros
Recibimos un correo do PP no que nos anuncia que hoxe terán unha reunión no mercado municipal cos placeiros, para informarlles sobre o proxecto previsto para o edificio comercial da Praza do Concello.
Segundo di o PP, a reunión ven motivada pola “falta de transparencia do goberno local”, que se negou a “suministrar a información solicitada pola representante dos placeiros.”
Entre outras cuestións, os representantes do PP informarán ós concesionarios “de cuestións tales como os metros de escaparate de que disporán ou cal será a súa ubicación por sectores no novo edificio”.
A reunión será ás 20:15 horas.
O que parece incrible é que teña que ser a oposición a que informe ós afectados, cando esa debera ser a obriga mínima de todo goberno.
1 Comments:
Qué queredes que lle conte o tripartito ós placeiros. Pra contarlle trolas ou decirlle que van estar no semisotano (teño entendido que eso di claramente o proxecto), moito millor que estean caladiños. En boca pechada non entran moscas.
22/11/06 22:30
Publicar un comentario
<< Home