Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

viernes, noviembre 17, 2006

Balance provisional



Son estas datas importantes para o futuro da Praza do Concello, e os acontecementos relevantes sucédense uns tras outros. Facemos balance (provisional):

- Na fin de semana coñecemos os primeiros, aínda que moi escasos, datos sobre a oferta técnica e económica para construir o parking e o centro comercial. Hai varias sorpresas: que parte do edificio se destina a albergar oficinas, e, sobre todo, que o Concello paga 1.400.000 euros a través da cesión de terreos municipais en pleno centro de Carballo, valorados a un precio moi inferior ó real.

- Como xa vimos en CD, asistimos a un curso acelerado de manipulación informativa para desviar o sentido da oferta.

- Os comerciantes amosan a súa preocupación e quéixanse da falta de información.

- No día de onte vemos que o PP pega un golpe de efecto en todo o proceso ó anunciar que recorrerá á xustiza para deter a operación (razóns legais parece que non lles faltan). Xa veremos.

- O líder do PSOE carballés, José Antonio Viña, desmárcase do tripartito ó considerar que a oferta non é válida e rechazar a cesión de terreos que esixe a única empresa concursante.

- Nos medios de comunicación aprécianse numerosas dúbidas e críticas dende diferentes sectores.

De todo isto nós sacamos un par de conclusións. A primeira é que os carballeses non tragan co que lles boten, e que se alguén pensaba que aquí valía todo, confundiuse de década (ou de século). E a segunda é que o principal inimigo que pode ter o centro comecial promovido polo tenente de alcalde Manuel Andrade & Cía. para sair adiante, é moi posible que non estea nas filas da oposición, senón nas filas do seu propio goberno. Seguiremos atentos.




7 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Pois eu penso que ainda vale todo. Un político coma andrade que hai 15 anos tivo que fuxir correndo despois de deixar marabillas coma o Complexo deportivo da Grela (que ainda nos ten acomplexados), volta agora pra deixarnos un burato de 100 millóns na calle Coruña. ¿parécevos pouca mostra do que entenden moitos carballeses por "tragar con todo"? Tragan co que lles boten (empezando polos do bloque)

17/11/06 22:36

 
Anonymous Anónimo said...

Veremos la plaza y el jardín totalmente empedrados, las obras durarán el doble de lo previsto, los árboles desaparecerán, el edificio del supermercado se comerá el suelo público...tragando, tragando, hasta que el cuerpo aguante. Y los carballeses poniendo los cuartos mientras sus ineptos (burros, cafres, catetos, ignorantes, por si alguno no entiende) gobernantes trapichean con el patrimonio de todos.

17/11/06 23:37

 
Anonymous Anónimo said...

Fai tempo que non veño por aquí e hai que ver que nerviosos estades,

E como cambiou aquelo de que "non vamos a permitir insultos en CD", xa vexo que depende a quen se insulte, claro.

Mirade, xa falta menos, agora que estades en plena campaña, asumide os resultados, "habla pueblo habla".

relax, moito relax. jejejeje

18/11/06 12:47

 
Blogger Carballo Dixital said...

"Fai tempo que non veño por aquí"

¿E volveches a entrar? ¡Hala, a confesarte!¿Non sabes o que dixo o teu xefe? Como volvamos a verte por aquí ímonos chivar :))))


"E como cambiou aquelo de que "non vamos a permitir insultos en CD"

¿E onde ves ti os insultos?

(Se cadra tomas cada crítica coma un insulto. Eso é algo que acostuma pasarlle ós totalitarios. Pero cúrase co tempo, non te preocupes, xa verás como iredes volvéndovos máis tolerantes).

18/11/06 18:01

 
Anonymous Anónimo said...

Seguramente te habrán parecido insultantes las palabras dedicadas a los miembros del tripartito que gobierna Carballo: tonto, burro, cateto y cafre sólo son antónimos de listo, culto, sabio e inteligente. Hay todavía más adjetivos que te parecerán insultantes: tonto, imbécil, idiota, bobo, estúpido, zoquete, ceporro, memo, mentecato, zopenco,majadero, palurdo. Todos ellos aparecen en la misma entrada del diccionario como contrarios a culto y sabio.
Es posible que el Día das Letras Galegas, cuando oigas leer al osado de Andrade, tú y sólo tú consideres que estamos ante una persona sabia, culta, versada, instruida. Los demás mortales pensamos que le quedan mejor cualquiera de los calificativos que consideras insultantes. También cuando escuchas al señor Ferrero decir frases tan tajantes como aquello de “en solo publico só se poden facer vivendas de protección oficial” pensarás ¡qué bien habla mi alcalde! Y yo digo, como Forrest Gump: “un tonto es el que dice tonterías”. Reflexiona si es un insulto o una mera constatación de la realidad. Siento que se caigan tus mitos.

18/11/06 19:46

 
Anonymous Anónimo said...

O alcalde dixo que en solo publico so se poden facer vivendas de protexidas.E preguntome algun solar que esta corporacion cediu ou permutou estanse a facer vivendas protexidas ou libres?
Ca cesion que pide a UTE quen vai creer que nos mellores solares de carballo se van a dedicar a vivenda protexida,creo que iso nin o creen os da tertulia de radiovoz do venres.
Por outra banda os actuales gobernantes falan moito de cando se desarrollen os poligonos que hoxe estan dedicados a parking qedarinse sen moitas plazas de apacamento.
eu querria facer duas preguntas:
non se poderia chegar a un acordo cos propietarios e facer parking soterrado en esos terreos e despois contruir os edificios?(nalguns sitios estase a facer)

18/11/06 21:10

 
Anonymous Anónimo said...

¿Cómo se pode falar de insulto? Insulto á intelixencia son as mentiras que pretenden que traguemos.

Como dicía Valle Inclán: "Yo no le insulto, le defino".

18/11/06 22:23

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner