Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

miércoles, noviembre 15, 2006

O blog de Lema


O noso amigo Xosé Manuel Lema (co-webmaster de www.anosacosta.com, director de Radio Xallas-Punto Radio -onde presenta o programa “Matinal Líder”- e coordinador do xornal comarcal El Periódico de Bergantiños) acaba de poñer en marcha un novo proxecto persoal, co seu blog “Versos e reflexións desde a Costa da Morte”, ó que podedes acceder neste enlace.

A bitácora estructúrase en varias seccións (Contos, Mosaico, Opinión, Poesía, Xeral), algunhas aínda sin contido neste momento.

Saudamos esta nova iniciativa de Xosé Manuel Lema, desexámoslle moitos lectores e recomendámosvos que visitedes o seu blog (para facilitarvos as visitas desde Carballo Dixital, colocamos un novo enlace ó mesmo na marxe desta páxina).





0 Comments:

Publicar un comentario en la entrada

Links to this post:

Crear un enlace

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner