Noite de reis
Coma cando eramos nenos, os carballeses vivimos esta noite unha noite de reis, agardando por saber qué nos desvelaría a mañá seguinte, qué regalo nos traerían os magos de oriente, ou se pola contra sería carbón.
Porque hoxe ábrese o regalo da única oferta presentada para construir un parking e un centro comercial na praza do Concello de Carballo. Estaremos atentos para dar a información que se vaia coñecendo. ¿Será un bonito escalextric como agarda o tripartito, ou unha morea de carbón como teme o PP? ¿Estouparanos o Nadal nas narices, como di a foto? Verémolo.
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home