Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

lunes, noviembre 06, 2006

O descubrimento de Bergantiños


Segundo puidemos saber esta fin de semana, en pleno século XXI ven de producirse o descubrimento dunha nova comarca en Galicia. A expedición dirixida polo almirante Carlos Aymerich atopou unha terra descoñecida ata o de agora situada ó oeste da Coruña e ó norte de Santiago, que deu en chamar “Terra Bergantignana”.

Os aboríxenes bergantiñáns polo visto habitan nunha prehistórica aldea chamada Carballo, da que ninguén tiña noticia ata a chegada dos descubridores. Así, a expedición nacionalista galega afirmou que veñen de colocar a comarca de Bergantiños “no mapa”, e o alcalde indíxena Evencio Ferrero afirmou que a partir de agora Carballo conta para o imperio galaico.

Nunha era na que o mundo se tiña quedado pequeño, e na que o National Geographic xa non era máis ca unha canle de televisión e unha revista con fotos moi bonitas, da gusto ver que aínda quedan grandes aventureiros dispostos a descubrir novos mundos por explorar e conquistar.



1 Comments:

Anonymous hastalosgüevosdeoirchorradas said...

Ya llegó el estridente de Aymerich dejando corto al amigo
Assurancetourix. "Hermanos, vengo a salvaros, os explicaré los presupuestos de la Xunta para la zona" . Pero, lejos de referirse al punto G, nos mete un remexido de Bergantiños, costa da morte, Soneira, Fisterra, lo ya hecho, lo que prometen hacer y lo que harán nuestros bisnietos que sólo parecieron entender los superdotados de La Coz de Galicia (no sabemos si el monaguillo tiene información de primera mano o es que va a permanencias). El tiempo nos dirá. De momento, las partidas para el hospital comarcal, la ambulancia medicalizada y el rescate del peaje de la vergüenza, brillan por su ausencia. ¿Trata bien el gobierno a la costa da morte? Faltaría más, Señor Aymerich, gracias por habernos salvado. Hermanos, la fe es creer lo que no se ve. Un buen predicador (el que tuvo retuvo).

8/11/06 00:12

 

Publicar un comentario en la entrada

Links to this post:

Crear un enlace

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner