Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

miércoles, noviembre 08, 2006

O xardín, borrado do mapa


Segundo publica hoxe a prensa, mañán volve a reunirse a mesa de contratación para examinar o deseño da Praza que propón a única empresa presentada para a construcción do parking-centro comercial. En relación con esta noticia, Agudo envíanos esta reflexión e a foto do lado:

Fai uns días, o goberno municipal presentou o novo rueiro de Carballo, no que aprecen áreas e servizos que aínda non están operativos, coma a área de estacionamento de auto caravanas (que estará nas Labradas) ou a Casa dos Oficios. O motivo de que figuraran no mapa -explicaba o goberno- era poñelas aínda que non existiran de momento, para evitar que fora necesario modificar o plano cando esas novidades virtuais foran realidade.

Por eso, anticipándose ó que vai supoñer o centro comercial que se vai facer na Praza do Concello, o goberno xa borrou o xardín do centro: no mapa aparecen todas as zonas verdes e xardíns de Carballo excepto ese. ¿Por qué será?

Efectivamente, na foto verse que non hai xardín na Praza do Concello.



1 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Pois eu creo que no rueiro deberian de poñer as prestacións que ten o pobo nestes momentos.
A idea dun rueiro para Carballo xenial pero os que vivimos no medio rural creo que tamén necesitamos un rueiro xa que en Razo disque agora cada rúa ten un nome pero débeno saber os politicos xa que os veciños...............

8/11/06 11:59

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner