Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

viernes, noviembre 24, 2006

¿Consulta popular?


Onte, Andrade acusaba ó PP de “orquestar unha campaña” contra o proxecto do goberno sobre o parking-centro comercial da Praza do Concello, e decía textualmente o seguinte, segundo publica hoxe LVDG: «No tengo inconveniente en que el gobierno tome una decisión tajante y rotunda, o bien resolviendo en la mesa de contratación y llevando la propuesta al pleno, o bien haciendo una consulta popular en la que participen todos los carballeses, y ahí veremos quién de verdad tiene razón».

Rápidamente, o PP recolliu o guante lanzado por Andrade, e hoxe enviounos un comunicado no que atribúe esa salida de Andrade a que o tripartito actúa “forzado polas circunstancias” para “asumir agora a iniciativa que rexeitou no seu momento”. Neste sentido, o PP lembra que “xa o 18 de decembro do ano pasado e o 15 de febreiro de 2006, o Partido Popular pediu formalmente que o governo local convocase unha consulta popular para dilucidar o asunto do edificio comercial, tal e como consta nas hemerotecas”.

Malia que o Partido Popular considera que “esta consulta debera terse feito moito antes, cando se estaba iniciando o proceso”, non dubida en invitar ó goberno a “que presente públicamente o seu proxecto (se é que primeiro se poñen dacordo entre eles) e convoque canto antes esa consulta popular que rexeitou no seu momento.”

Desde CD, apoiamos naquel momento esa posible consulta, e incluso insertamos dúas enquisas neste blog en tal sentido (que podedes ver na marxe dereita da páxina). A día de hoxe, os resultados desas enquisas non deixan lugar a dúbidas sobre o que queren os carballeses (alomenos os que votaron en Carballo Dixital): De 440 votos recibidos, 404 piden a consulta popular, (92 %), 25 non están de acordo en que se consulte (6%) e a 11 (3%) tanto lles ten.

En canto ó que votarían nese hipotético referendo, o 81 % (377 votos) elexiría construir o edificio comercial na prolongación da rúa Cervantes; o 3% (14 votos) na zona dos baños vellos; outro 3% (14 votos) preferiría arranxar o mercado actual sin facer nada máis; o 2 % (10 votos) non votaría; e só o 10% (49 votos) apoiaría a proposta do goberno.

Á marxe do noso sondeo, o que parece claro, á vista da enquisa que ven publicando esta semana LVDG e dos comentarios que se escoitan pola rúa, é que a gran maioría está en desacordo co que se pretende facer na Praza. Entón, ¿qué problema ten o goberno para consultar ós carballeses e así tomar a súa decisión (seguir adiante ou desbotar o proxecto) co aval dos cidadáns? Se non tiveran algo que temer, convocarían a consulta popular xa. En caso contrario, temos que pensar mal.

¿Qué vos apostades a que, pese ás palabras de Andrade, non haberá consulta popular?





 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner