Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

martes, febrero 20, 2007

Andrade o deportista


Segundo alguén que foi e nolo contou, parece que non tivo moito éxito a convocatoria de Andrade para falar de deportes no Restaurante Punta del Este. Debe ser que os deportistas non son dos que se convencen con encherolas gratis. E eso que regalaba folletos nos que se podía admirar ó “deportista” en faena: portando a antorcha olímpica, en bicicleta,… O que daría unha por ver esas fotos!

Entre as promesas, o de sempre: o campo de golf (pantasma), a cidade deportiva da Agra da Lagoa que xa presentou no ano 2004 (u-la?), revitalizar o circuito de motor (por qué non o revitalizou xa?), e “facer unha proba internacional que nos dea a coñecer ante o mundo”. Andrade, sempre pensando “a lo grande” (e actuando “a lo pequeño”).

Damoslle unha idea: por qué non organiza cursiños de espeleoloxía urbana no burato da rúa Coruña?


 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner