¡Euskera!
- Papa, tío, vaia marrón temos co rollo do mercado. Prometémosllo a mamá e aghora que vai quedar sen nada vainos mallar coa zapatilla.
- Non te preocupes, Tucho. Téñoo todo controlado. Hai que inventar un plan para que Maribel pense que vamos facer o mercado, e logho xa está, living la vida loca.
- Si, ¿e como carallo lle imos facer? Xa o intentamos e o Notas xa dixo que non se podía, macho.
- ¡Aaaaha! ¡EUSKERA!
- ¿Cómo?
- Euskera, Tucho, quere dicir que xa o teño. Mira que fácil: falamos cunha empresa para que presente unha oferta para dicirnos cómo hai que facer o mercado. E logho que veñan aquí a casa para contarlle a Maribel e mais a Amadora que vai quedar moi bonito. E xa está... todo resolto.
- ¡Miña nai querida! ¡Cómo ten a cabesiña este home! Pero, papá, eu teño unha preghunta: ¿a empresa esa vai facer o mercado?
- Bueno, bueno, Tucho. Eu aquí ideando ghrandes plans e ti reparando nas minucias, que non teñen importancia. ¡Se estudiaras, oh! ¡Se estudiaras!
- E que cando este home lle da á cabesiña, é moito genio de nuestro señor...
1 Comments:
Muy bueno el "jaj". Sois muy ocurrentes, casi tanto como los tres tenores...
14/2/07 11:43
Publicar un comentario
<< Home