Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

jueves, febrero 15, 2007

Acordes e desacordos


Seguramente será unha das poucas ocasións en toda a lexislatura, pero hoxe lemos na prensa local que PP e BNG carballeses manteñen a mesma posición nun asunto: o famoso porto de Razo, e non nos referimos á lancha situada na entrada da vila.

Tanto o alcalde Evencio Ferrero coma o líder da oposición e aspirante Alberto Sueiro defenden que o porto da costa carballesa precisa de melloras, pero non pensan que unha multimillonaria inversión nun porto deportivo sexa o máis urxente, tal e como defende o tenente de alcalde Manuel Andrade.

Estas posturas xa quedaran de manifesto no último pleno celebrado na Casa do Concello que puidemos seguir pola TV, e cada vez están máis definidas. Haberá quen pense que se trate dunha simple coincidencia nun asunto puntual, mais tampouco faltará quen pense algo peor e vexa unha táctica para aislar a Andrade de cara as eleccións que se perfilan á volta da esquina. De feito os comentarios que últimamente lemos e escoltamos nos medios adican máis tempo a atacar e defender respectivamente a BNG e CDI que a avaliar a acción do goberno ó longo de 4 anos de legislatura. “Se non fora por Andrade, Evencio tería feito moito máis”, e “Se non chega a ser por Andrade, aquí non se facía nada” son os argumentos máis repetidos. E mentres, o PP (e tamén o PSOE) observa con deleite a loita dos seus rivais electorais.



 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner