Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

martes, agosto 28, 2007

Récords pouco honrosos


Din que en Carballo temos poucas personalidades e poucos logros históricos dos que sentirmos orgullosos. Alfredo Brañas, Conservas Calvo, Carlos o Xestal, o Bergan en segunda B, Fran no Dakar... son algúns datos que fan á nosa vila coñecida en toda Galicia pola parte positiva. Tristemente, non seriamos realistas se non sinalaramos que os carballeses tamén somos coñecidos por aspectos negativos. E por se non nos chegara con algún sambenito que inxustamente arrastramos dende hai anos (culpabilidade de medios de comunicación incluída), resulta que agora algúns dos nosos veciños semellan estar a participar nunha insólita competición por entrar no libro Guiness dos récords.

Ata 3 conductores do noso concello veñen de acadar, en datas recentes, resultados espectaculares nos tests de alcoholemia. Se o límite legal está en 0.25 mg de alcohol en sangue, os axentes da autoridade detectaron valores de 0.92, 1.05 e 1.62!!! Podería ser o podio dunha competición atlética. Mais non, é unha noticia vergoñenta que nos fai lembrar o sabio consello do noso amigo Stevie, que estes tres fitipaldis esqueceron seguir.



 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner