Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

martes, agosto 07, 2007

"On the rocks" festival


On the rocks" é unha peculiar e apaixonante experiencia musical coa que que dende hai meses Quico Balay e Pepa Arán abraian a propios e estranos, nunha dobre vertiente radiofónica e blogueira. Pepa, unha nena de nove anos cun desparpaxo inaudito ante o micro, desgránanos as últimas novidades musicais sobre todo no tocante ó rock máis alternativo, novidoso e cañeiro. Pero case que mellor expresalo coas súas propias verbas:

ON THE ROCKS roquerío de primera desde cuarto de primaria

On The Rocks é un microespazo musical dirixido por Quico Balay e presentado pola locutora máis xoven do país: Pepa Arán, unha estudante de cuarto de Primaria de tan só nove anos de idade. Polo programa teñen pasado, entre outras, bandas como Los Planetas, Sr. Chinarro, Lori Meyers, The Homens ou La Costa Brava.

O programa é unha sorte de radiografía en miniatura da música alternativa e independente española, aínda que tamén dá conta das últimas novidades xurdidas producidas en Galicia e en Brasil.

Despóis de contar coa presenza de Julián Hernández, The Homens, Jota de Los Planetas , Metro , Lori Meyers, Motores e Sr. Chinarro, o programa regresa no verán cun monográfico adicado a La Costa Brava. O seu líder, Fran Fernández, que fora o cantante de Australian Blonde, fala da súa nova banda e do seu proxecto paralelo, Francisconixon.

Mentres preparamos as próximas entregas, protagonizadas por bandas punteiras como La Habitación Roja ou Travolta, podes escoitar todos os programas no enderezo
http://ontherocks.blogia.com.

Nun comunicado que nos pasan anúnciannos a celebración do primeiro festival de música organizado por eles, no pub Silfo de Carballo este 10 de agosto a partires das 22 h, coa intervención de "The homens", "Projeto Mourente" e "Franc3s", ademais de "Eme" e "DjFugaz", tal e como podedes ler no cartel que nos fixeron chegar. A ver se nos vemos por alí.

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner